Visita á exposición “Heroínas de todos os días”
As alumnas/os do Bacharelato de Artes da materia Proxectos Artísticos do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes veñen de facer unha visita guiada pola súa autora, Camino Casavella, á exposición “Heroínas de todos os días” sita no Vello Cárcere.
Esta experiencia permite coñecer con profundidade o proxecto artístico, tanto no seu contido conceptual coma emocional mediante o diálogo coa artista.