Skip to Content

Convocatoria de prazas para mobilidade Erasmus+ a Francia (antigo Intercambio de Francés)

Convócanse 18 prazas para participar na mobilidade Erasmus+ a L’Isle-Jourdain, antes coñecida como Intercambio de Francés.

 

Cando terán lugar estas actividades?

Esta mobilidade consta de dúas fases: unha primeira semana en Lugo, do 31 de xaneiro ao 7 de febreiro e unha segunda en L’Isle-Jourdain, do 4 ao 11 de abril. Na primeira semana o alumnado do noso centro acollerá ao alumnado francés, mentras que na segunda serán eles quenes acollan ao noso alumnado.

 

Quen pode participar?

Esta actividade está dirixida ao alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de cuarto de ESO e primeiro de bacharelato que curse a materia de Francés como segunda lingua estranxeira.

 

Criterios de selección

No caso de que haxa máis candidaturas que prazas, utilizaranse os seguintes criterios:

  • Nota de actitude, comportamento e madurez: ata 10 puntos
  • Pertencer ao colectivo de alumnado con menos oportunidades: ata 5 puntos.
  • Nota media do expediente: ata 10 puntos.
  • Nota na materia de francés no curso 2023-24: ata 10 puntos.
  • Non ter participado en proxectos internacionais durante o presente curso: 2 puntos.

Comité de selección

O comité de selección estará formado polas profesoras do departamento de francés e o coordinador de proxectos internacionais.

 

Como participar

Para participar na actividade haberá que entregar o formulario que se achega debidamente cumprimentado e asinado polas familias. As profesoras de francés repartirán copias en papel nos vindeiros días.

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para solicitar a participación nesta actividade rematará o 22 de novembro de 2024. Despois de analizar as candidaturas pubricarase unha resolución provisional, tras o cal haberá un período de reclamacións de tres días lectivos. Transcurrido este período, farase pública na web do centro a resolución definitiva.

 

AdxuntoTamaño
Fiche échange élève 24-25.pdf298.43 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut