Adxudicación provisional das prazas Erasmus+ a Francia
Publicamos a resolución provisional da adxudicación de prazas para a mobilidade Erasmus+ a Francia.
Aínda que en principio ofertáronse 6 prazas, finalmente podemos ofrecer 8.
Os candidatos/as poderán presentar reclamacións e renuncias a Roberto Núñez dende hoxe, mércores 23 de outubro, ata as 14:30 do venres 25 de outubro. Tamén se vos enviará un correo de confirmación.