Skip to Content

A ANPA INFORMA:

A ANPA INFORMA:

O noso centro educativo, a pesar da participación en múltiples proxectos, o incremento dunha unidade de 1º ESO e do número de estudantes, leva os últimos cursos sufrindo recortes de persoal, concretamente 3 prazas de docencia (1 delas de pedagoxía terapéutica, imprescindible para alumnado con necesidades especiais), e a non cobertura de baixas de subalternos. Todo isto a pesar das noticias que aparecen na prensa de baixada na ratio de número de alumnos por profesor (que no noso caso non acontece) e de incremento do número de profesores.
 
Por todo isto, e por Acordo de Asemblea Xeral do 25 de setembro a Anpa do IES Ollos Grandes CONVOCA á comunidade educativa do centro: pais e nais, alumnado e profesorado, a unha concentración como ACTO DE PROTESTA o XOVES día 10 de outubro as 14:30 horas na entrada do instituto, ao que convidamos a todas as familias e profesorado para mostrar o noso malestar á administración educativa.
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut