Skip to Content

Carta da ANPA

Estimadas familias,

 
Benvidos ao curso que acaba de comezar. Para organizar a actividade da ANPA pedímosvos a vosa colaboración asistindo á Asemblea que terá lugar o mércores 25 de setembro nas instalacións do IES as 16:30 h en primeira convocatoria, e as 16:45 h en segunda, co seguinte
 
Orde do Día
 
1º. Aprobación da acta anterior.
2º. Contas 23_24, e plan de actividades curso 24_25.
3º. Consecuencias dos recortes de persoal da Consellería de Educación.
4º. Rogos e preguntas.
 
Tras a asamblea o mesmo *mércores 25 terá lugar tamén no instituto, ás 18:00,* a feira de libros usados. 
 
Sen outro particular, 
recibide un afectuoso saúdo en nome de toda a Xunta Directiva da ANPA IES Ollos Grandes.
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut