XIII Festival da Francofonía
Alumnado de 2º e 3º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou no XIII Festival da Francofonía celebrado o martes 7 de maio en Vilanova de Arousa.
Preto de 2000 alumnos de 22 institutos de Galicia reuníronse no pavillón da vila coa finalidade de promover a lingua francesa e dar a coñecer a creación cultural e artística do mundo francófono.