11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2024
Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu ao taller de subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e adaptación á lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual.
Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e Lingüística e Coordinadora de prácticas da Facultade de Filoloxía e Tradución, da Universidade de Vigo, concienciounos sobre a importancia da inclusión a partir das tecnoloxías da fala, no que conflúe o coñecemento humanístico e o científico de moitas mulleres.