Skip to Content

Convocatoria Asemblea ANPA IES Ollos Grandes

Pola presente convócase ás familias socias a Asemblea Xeral Ordinaria o mércores 21 de febreiro de 2024 no salón de actos do IES Ollos Grandes ás 16:30 h en primeira convocatoria e ás 16:45 en segunda convocatoria co seguinte:

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación de acta anterior.

2.- Información de actividades desenvoltas:

- Resultados enquisa a familias sobre temáticas a abordar este curso.

- Creación de grupo de Whatsapp e perfil de Facebook para difusión da información ás familias.

- Acto de graduación de 2º de BACH.

- Excursións do alumnado.

- Actividades e obradoiros xa organizados:

 - Feira de libros usados 20/09/23. Este ano houbo escaseza de libros ao ser novos os dos cursos pares, e levar só un ano os dos impares.

- 20/12/23 Prevención de adiccións na adolescencia, con e sen substancia.

Como entendernos en familia.

- 24/01/24 Obradoiro para familas: Saben que os queres?

- 29/01/24 Tradi trap baila morena. Actividade de identificación e prevención de violencias sexuais para 3º ESO C e D.

- 07/02/24 Obradoiro para familias: É xordo ou quedou mudo? Comunicación en familia.

 - 21/02/24 Obradoiro para familias: Axudar a discernir o camiño profesional.

Coñecendo ao noso fillo/a e axudando a que se coñeza.

- 13/03/24 Obradoiro para familias: Opcións profesionais

- Pendente data: Comunicándonos entre iguais. Charla do Colexio de Enfermaría de educación afectivo sexual para rapaces.

- 09/05/24: Trastornos da conducta alimentaria. Escola de Pais e Nais do Centro de Formación e Recursos. Olga Yanes

- Pendente data: Orientación profesional. Cristina Eiras do Equipo de Orientación de Lugo do CFR.

- Pendente data: Educación emocional e en sexualidade para pais, nais e rapaces. Querote +.

- Pendente data: Poñendo os Lentes as Familias. Sobre prevención dos diferentes tipos de violencia (actividade online).

 

3.- Principais temas abordados coas administracións educativas, no consello escolar e co equipo directivo do centro:

-Consecuencia do escrito presentado solicitando información sobre os criterios da administración na implantación de Edixgal e a simultaneidade cos libros en papel,o día 01/02/24 acudimos a unha xuntanza coa Directora Xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, que nos informou de que a recomendación é de que non haxa máis de 2 ou 3 libros a maiores do material de Edixgal, que están a traballar na mellora do material didáctico e que na financiación deses libros.

-Escrito ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Xefatura Territorial pedindo información sobre a reducción de profesorado no curso 23/024.

-Organización dos grupos de 1º e 2º por ámbitos educativos,

-Petición de inclusión do IES na plataforma ELBE 2 de libros dixitais.

-Proposta a FAPACEL sobre a organización da ABAU, en particular a eliminación da materia de Historia da Filosofía e coincidencias horarias.

 

4.-Presentación das contas.

5.-Información estado do proceso xudicial de reclamación dos fondos da Asociación.

6.-Rogos e preguntas

 

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut