Skip to Content

Becas para as probas de certificación en lingua inglesa: Criterios de selección e alumnado beneficiario

Os criterios para a adxudicación das becas da Consellería de Educación para a realización de probas de certificación en lingua inglesa por parte do alumnado de segundo de bacharelato son os seguintes:

  • Recibir beca do Ministerio de Educación y Formación Profesional (2 puntos)
  • Idoneidade (1-5 puntos): Valoración feita polo departamento de inglés en función do perfil do alumno/a e o nivel da proba solicitada.
  • Media das seguintes cualificacións (1-10 puntos): notas de inglés en primeiro de bacharelato e no primeiro trimestre de segundo de bacharelato.
  • En caso de empate, atenderase ao feito de ter unha puntuación máis alta nos criterios anteriores, na mesma orde que aparecen.

No ficheiro adxunto atópase ordeada a relación de alumnado (en verde) que acadou a axuda, ordeada de forma descendente polos cinco últimos díxitos do DNI.

Alumnado sen axuda

O alumnado que non acadou a axuda, ten tamén a oportunidade de presentarse ás probas aboando a cantidade de 100 euros. En caso de estar interesados, deberán facer a súa inscripción nas oficinas do centro facendo entrega de dito importe. Para formalizar a inscripción deberá de entregarse o documento cuberto e por duplicado nas oficinas do centro. Unha vez abonados os 100 euros o centro devolverá unha copia selada a modo de recibí.

AdxuntoTamaño
Inscripción proba certif. Lingua Estranxeira sen axuda económica.pdf90 KB
DEFINITIVO Alumnado beneficiario axudas certificación lingua estranxeira.pdf42.68 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut