Visita á exposición "Converxencias, arte e ciencia"
Alumnado de 4º ESO e 1º BAC do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou na Coruña a exposición "Converxencias, arte e ciencia".
Organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade.
Pretende mostrar os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.