Visitamos o Mapa de Domingo Fontán
O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o instituto Lucus Augusti para ver o exemplar do mapa de Domingo Fontán que teñen en exposición.
O matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) elaborou a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do noso territorio, que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.