Convocatoria da asemblea ordinaria ANPA 19/VI/23
Estimadas familias,
A Xunta Directiva da ANPA IES Ollos Grandes convida as familias do centro, tanto socias como non socias, a unha reunión o luns19 de Xuño ás 18:00 h na que se informará de temas de interese xeral e da actividade da asociación. A continuación terá lugar unha asemblea de socios coa seguinte:
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA ANPA IES OLLOS GRANDES
DATA: Luns 19/06/2023
HORA: 18:30 (1ª convocatoria) 19:00 (2ª convocatoria).
LUGAR: Salón de Actos do Instituto (Ramón Ferreiro s/n)
ORDE DO DÍA:
1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2º. Informe sobre actuacións desenvoltas ao longo do curso 22_23.
3º. Información sobre a xestión administrativa e económica da Anpa. Cota socios.
4º. Propostas para o curso 23_24.
5º. Rogos e preguntas.
En Lugo, a 9 de xuño de 2023
Esperamos a vosa asistencia. Un cordial saúdo,
Montserrat Pita Castro
Presidenta
ANPA
P.D. No ficheiro adxunto pódese descargar a ficha de alta para o curso 23_24
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ficha Alta Socio ANPA_2324 (2).pdf | 275.97 KB |