Skip to Content

Mobilidade a Francia

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Francia, devolvendo a visita ao Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse.

Venres 24 de marzo

Despedida. Como todos os anos momento de bagoas. Amigos para sempre.

Xoves 23 de Marzo

Hoxe visitamos en l´isle Jourdain o Museo Europeo das Campanas e a Casa Museo de Claude Augé, ilustrador do diccionario Larousse.

Ademais fíxose a entrega de diplomas e a despedida. Mañá venres, retornamos.

Mércores 22 de Marzo

Airbus ten en Toulouse a súa sede social e os talleres finais de montaxe de aeronaves. Coa visita ao museo o noso alumnado  descubriu os segredos de Airbus.

Martes 21 de Marzo

Foto de grupo en La Halle des Machines en Toulouse.

No interior de La Halle des Machines con distintos mecanismos fabricados con materiais reciclados.

De visita na Basílica de Saint Sernin

Luns día 20 de marzo

Despois dunha fin de semana en convivencia coas familias de acollida o noso alulmnado comezou as actividades e visitas en grupo. Na fotografía podemos velos na visita á cidade medieval de Carcassonne.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut