Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición itinerante "Energy Challenge" os días 4, 5 e 6 de novembro.
A Fundación Naturgy trouxo a Lugo a Energy Challenge, "unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular, a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas"
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/IMG_1_0.jpg)
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/IMG_2.jpg)
Nesta actividade os rapaces e rapazas simularon formar parte da tripulación dun voo espacial que despegaba da terra. Durante a “viaxe” recibiron información sobre aspectos negativos do desenvolvemento tecnolóxico, sobre o planeta (contaminación, xeración de residuos, sobreexplotación dos recursos, quecemento global), así como, posibles medidas para paliar estes efectos, como son o aproveitamento do material de refugallo para a xeración de enerxía e o concepto de economía circular.