Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á charla Intelixencia artificial, imaxes e saúde
Esta charla, impartida pola profesora da USC Mª José Carreira, da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, presentounos unha perspectiva de como as tecnoloxías intelixentes participan nas investigacións en saúde, centrando o foco máis en imaxe biomédica pero tamén noutros aspectos como a bioinformática.
Tamén nos amosou que os avances científicos se conseguen co traballo de equipos multidisciplinarios nos que a participación das tecnoloxías intelixentes é fundamental para o avance da ciencia.