O xoves 29 de abril, o alumnado de economía de 4º da ESO, asistíu a unha xornada, organizada pala Asociación da madeira na provincia de Lugo, para estudar a importancia do sector forestal en Galicia e na provincia de Lugo en concreto.
Comezou a xornada cunha charla explicativa por parte dun técnico da asociación para pasar a probar o funcionamento da maquianria forestal cun simulador. A continuación dirixíronse a unha explotación forestal en Francos (Outeiro de Rei) para ver in situ o manexo de dita maquinaria.