Os martes 26 de xaneiro e 2 de febreiro de 17:00 a 18:30 hh., no salón de actos do centro vanse celebrar unhas xornadas sobre a dimensión internacional da educación nas que docentes do IES, participantes en actividades de formación no estranxeiro financiadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do programa Erasmus+, expoñerán o resultado da súa experiencia.
As xornadas son de acceso libre e están dirixidas a todos aqueles interesados na perspectiva internacional da labor educativa.
Abaixo podedes atopar as presentacións utilizadas durante a xornada.