Skip to Content

Alemán

Segundo premio do concurso de cómic organizado Pola Asociación galega de xermanistas

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ven de gañar o segundo premio do concurso de cómic organizado pola Asociación galega de xermanistas.

Dous alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes gañan o Segundo premio do concurso de cómic organizado Pola Asociación galega de xermanistas no que participaron os centros de Galicia que ofertan alemán. O cómic foi escrito en lingua alemá e tiña que ter unha temática relacionada ca cultura alemana.

Parabéns a Enrique e Frank Rober!!

Recibimos ao alumnado de Leipzig

Hoxe recibimos ao alumnado de Leipzig, Alemania, que nos devolve a visita de intercambio. Herzlich willkommen!

Foron recibidos polo Director Francisco J. Nuñez no Salón de Actos do Centro e posteriormente no Concello pola alcaldesa Lara Méndez e polo concelleiro de Xuventude Mauricio Repetto.

Mobilidade a Leipzig, Alemania

O noso alumnado de intercambio en Leipzig foi de excursión a Berlín visitando a Porta de Brandenburgo.

Visitando a Cúpula do Parlamento Alemán Bundestag

A nosa delegación en Leipzig de visita na capital do estado de Sajonia ao este de Alemania na fermosa cidade de Dresde

 

Primeira xornada de traballo en Leipzig.

Presentación e actividades de teatro no Evangelisches Schulzentrum e visitas á Thomaskirche e ao museo da República Democrática Alemana.

Alumnado de 4º ESO viaxa a Leipzig, Alemania, alí practicarán o idioma e coñecerán as tradicións e costumes do país.

 

 

 

Concerto do grupo de música ok.danke.tschüss

O IES R. De Castro de Santiago de Compostela acolleu o luns 24 de abril a alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes que participaron nun taller cos integrantes do grupo de música ok.danke.tschüss e do Goethe Institut de Madrid.

A continuación o alumnado de diferentes centros de Galicia acudiu ao concerto do mesmo grupo que tivo lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

 

Este grupo canta en lingua alemana e conta actualmente con moito éxito entre os adolescentes en Alemania.

Trátase dunha actividade organizada en colaboración co Goethe Institut que con diferentes proxectos apoia e fomenta o estudo do idioma alemán.

Entrega de premios Calendarios de Advento

O departamento de Alemán, Louisa e María Rey, fixo a entrega de premios aos gañadores do Concurso de Calendarios de Advento, Julia e Román de 1º ESO. Parabéns!.

Concurso de calendarios

Concurso de calendarios de advento. Proxecto do alumnado de 1º ESO A, B e D

O persoal docente e non docente do centro máis o resto do alumnado de alemán dos cursos que non participaron na elaboración dos calendarios votarán tres calendarios

A resolución do concurso terá lugar o xoves 22 de decembro xunto ca entrega de agasallos aos tres gañadores

Intercambio con Leipzig

Esta semana recibimos ao alumnado de Leipzig. Alemania. Herzlich willkommen!

Visitamos a cidade de Santiago de Compostela

Foron recibidos no Concello pola Alcaldesa Lara Méndez

 

Con eles visitamos A Coruña,

Fixemos unha etapa do Camiño de Santiago...

Teatro no Goethe Institut de Madrid

Alumnado de 1º de Bacharelato desprazouse a Madrid para representar unha obra de teatro o sábado no Goethe Institut de Madrid.

    

O noso alumnado ensaiando e facendo o escenario.

Moita sorte!!

Intercambio con Leipzig. Alemania

Alumnado de 4º ESO viaxou a Leipzig, Alemania, alí practicaron o idioma e coñeceron as tradicións e costumes do país.

A estancia en Alemania está a desenvolverse con normalidade.

 

De visita en Berlín.

Somos centro PASCH

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes é o único centro PASCH en Galicia dos oito que hai en España. O Goethe Institut fomenta e apoia o estudo do idioma alemán como primeira/segunda lingua ofrecendo:

  • Formación para profesores
  • Materiais actuais para as clases.
  • Participación en concursos.
  • Proxecto de teatro.
  • Actividades en Instagram.
  • Becas de cursos de verán.
  • Becas dun curso en Alemania.
  • Becas en bacharelato para visitar Universidades alemanas.
  • Participación nas clases de profesores de prácticas nativos.
  • Participación nas clases de voluntarios nativos.
  • Preparación para os exames oficiais (A1-C1) cun menor coste na matrícula.
Distribuir contido


by Dr. Radut