Skip to Content

Educación física

Torneo de Badminton

Hoxe, día 06 de maio, ás 12h tivo lugar no pavillón do IES un Torneo de Badminton entre as distintas clases de 1º Bacharelato, actividade enmarcada dentro do Proxecta de Vida Saudable e Deportiva do centro.

Actividade de Hip/Hop e danza urbana

Esta semana, do 15 ao 19 de abril,  tivemos a sorte de poder contar no centro co presidente do club Star Dance Rubén Díaz e coa entrenadora Berta, que fixeron unha sesión para cada un dos grupos de 1º e 3º ESO sobre Hip Hop e danzas urbanas.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta: PVSD, coordinado polo Departamento de Educación Física, en concreto dentro da modalidade: "Coñece o meu club".

 

Visita a LUCUS AVENTUR

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acompañados polo profesorado do Departamento de Educación Física: Aitor, Adrián e Noemí, María profesora de Educación Plástica e Visual e a profesora de Pedagoxía Terapéutica do centro visitaron Lucus Aventur.

Alí, no Parque de Aventuras: Lucus Aventur en Lugar de Bandelo (Ombreiro) Lugo, disfrutaron dunha xornada de iniciación á Orientación Deportiva a pé con compás 

O alumnado distribuido por grupos participou nun xogo de orientación con compás, onde tiveron a oportunidade de aprender e perfeccionar os conceptos relacionados co deporte de orientación deportiva a pé mediante a práctica lúdica.

Xornada Xogade 3x3 Baloncesto

Hoxe, 21 de marzo de 2024 tivo lugar no pavillón do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e IES Lucus Augusti unha xornada XOGADE de 3x3 de Baloncesto 

Esta xornada de Baloncesto cadete está enmarcada dentro do plan Proxecta: PVSD e organizada polo Departamento de Educación Física.

Campeonato provincial de orientación deportiva a pé

Hoxe, 28 de febreiro de 2024 tivo lugar o Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a pé en Lugo.

O alumnado de 2º ESO acompañado polo profesorado do Departamento de Educación Física e Jesús, profesor do departamento de Música; participou en dito campeonato para iniciarse algúns e outros para perfeccionarse nun deporte distinto: Orientación Deportiva a pé.

Saída ao Centro deportivo CTX BOX

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou o Centro deportivo CTX BOX

O alumnado tivo a oportunidade de iniciarse, nalgúns casos, e perfeccionarse noutros, nunha disciplina deportiva distinta: “Cross Training”

Semana Blanca. Andorra 2024

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes disfrutou esta semana, do 15 ao 19 de xaneiro, dunha magnifica semana deportivo-cultural para o aprendizaxe e o perfeccionamento do esquí en Andorra

Están acompañados polos profesores de Educación Física, Adrían e Noemí.

 

Charla con Veljko Mršić

Hoxe o IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acudiu co alumnado de 1º ESO á última conferencia do Ciclo de Conferencias “Luz ó Deporte” organizado pola Fundación Breogán e a Xunta de Galicia.

Nesta ocasión o alumnado puido coñecer máis sobre Veljko Mršić, actual adestrador do club de Baloncesto da nosa cidade o CB Río Breogán.

Actividade enmarcada dentro do proxecta: Proxecto de Vida activa e deportiva do centro, coordinado polo Departamento de Educación Física.

Coñecendo o Judo

Durante esta semana teremos no IES Nosa Sra dos Ollos Grandes a presencia do club "Lucus Dojo" de Judo, o cal ven ao IES a impartir unha clase de iniciación ao Judo para cada uno dos curso da ESO e de BAC.

Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta: PVAD en concreto dentro do apartado de "Coñece o meu club" (Xunta de Galicia)

O judo, é un deporte marcial japonés que combina técnicas de lanzamento e sumisión, gañou popularidade en todo o mundo como unha actividade física ideal para os xóvenes. O judo destaca como o mellor deporte en idade escolar. Dende os seus beneficios físicos e mentais ata os valores que inculca, o judo ofrece unha experiencia integral que vai máis aló da simple práctica deportiva.

Xornada multideporte intercentros

Alumnado de 2º de ESO, do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti. participaron nunha actividade intercentros de xogos alternativos, organizada polos departamentos de EF

Nesta actividade realizáronse competicións de deportes alternativos como son o Kin-ball, pickleball e florball.

Esta competión esta encadrada dentro do programa XOGADE, promovido pola Xunta de Galicia.

Todo un éxito de xornada. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut