Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Lingua Galega

V CONCURSO DE MICRORRELATOS "METE MEDO"

 

XA ESTÁN AQUÍÍÍÍ.... Quinta edición do noso concurso de microrrelatos de medo co gallo do Samaín. Animádevos a participar e sacade a Mary W. Shelley ou o Edgar Allan Poe que levades dentro. Canto máis aterrecedores, arrepiantes e sorprendentes sexan as vosas historias, máis posibilidades hai de gañar.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS NA EEI "DEÁN GRANDE"

Hoxe, 15 de maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, seis alumnas colaboradoras do noso EDLG de 3º e 4º da ESO achegáronse até a Escola Infantil Deán Grande, veciña do noso centro e situada tamén ao pé do paseo da praia de Coroso, para contarlles uns contiños ás crianzas desa primeira etapa educativa de 3, 4 e 5 aniños.

DESMONTANDO OS PREXUIZOS E AS MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

No día de hoxe, o alumnado de 2ºESO A e B tivo a ocasión de participar nun relatorio organizado polo EDLG do centro con Carlos García Vieito, politólogo, experto en redes sociais, membro da Mesa pola Normalización Lingüística e podcaster de éxito co programa “Exército Mekemeke”.

Recuperación 2º Bacharelato A adultos

O alumnado de 2º BAC A de persoas adultas que desexe recuperar a materia de Lingua Galega deberá presentar antes do 3 de xuño ás 24 horas os exercicios propostos. Para poder aprobar teñen que estar todos feitos e, cando menos, un 50% ben resolto.

Recuperación ESA B Módulo 4

O alumnado do grupo ESA B que desexe recuperar Lingua Galega e Lingua Castelá do Ámbito Lingüístico do Módulo 4 deberá entregar o caderno de exercicios antes do 15 de xuño ás 24.00. Para poder aprobar teñen que estar feitos todos os exercicios e, cando menos, un 50% ben resolto. É imprescindible presentar o currículum.

Recuperación ESA B Módulo 3

O alumnado do grupo ESA B que ten pendente de recuperar Lingua Galega e Lingua Castelá do Ámbito Lingüístico do Módulo 3 deberá entregar o caderno de exercicios antes do 7 de xuño ás 24.00. Para poder aprobar teñen que estar feitos todos os exercicios e, cando menos, un 50% ben resolto. Son imprescindibles os exercicios de redacción.

 

Día das Letras Galegas

NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Novos criterios de avaliación

Podes consultar aquí o anexo da programación do noso departamento acorde ás novas circunstancias.

 De xeito xeral neste documento atoparás:

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut