Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Presentación da Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES

 

 

Avenida da Coruña 170 Ribeira CP15960
634 851 860 (WhatsApp)
anpacaramecheiro@gmail.com
Facebook: Anpa Caramecheiro
Instagram: Anpa Caramecheiro
Páx.web: www.anpacaramecheiro.org

PRESENTACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA CARAMECHEIRO DO IES Nº1 DE RIBEIRA

PAZ GONZALEZ RIOBÓ coma Presidenta
NURIA CALO TORRES coma Vicepresidenta
LUCÍA MARIÑO PAZ coma Secretaria
MARY CARMEN ROMERO GARCÍA coma Tesoureira
VANESSA SANLÉS POUSO coma Vogal
MERCEDES LÓPEZ SOBRIDO coma Vogal

Queremos presentarnos e poñernos ao voso dispor para calquera cousa que poidades precisar no
teléfono 634851860 por WhatsApp ou por correo electrónico anpacaramecheiro@gmail.com

Somos pais e nais coma vos, que traballamos de forma totalmente altruísta todo o ano para representar e defender os dereitos dos nosos fillos e fillas e dos seus país/nais/titores legais, así
coma ofrecer servizos que complementan a oferta actual do instituto.

  • A ANPA proporciona representación dos pais e nais ante a Dirección do Instituto, no Consello Escolar do propio Centro e no Consello Escolar Municipal.
  • Xestionamos un Banco de Libros de texto de empréstito propio da ANPA.
  • Organizamos actuacións, obradoiros e actividades para todo o alumnado con contidos de gran relevancia social e cultural, coma obradoiros de música, teatro, graffitis, ioga, micro machismos…
  • Ofrecemos actividades para as familias como a escola de pais e nais, con formación sobre acoso escolar, trastornos educativos, obradoiros de regueifa, Igualdade,…
  • Organizamos e Colaboramos nas Graduacións de 4º ESO e 2º Bacharelato, viaxes e excursións de interese lúdico e cultural que realiza o alumnado.
  • Colaboramos con distintas asociacións da contorna coma (AECC, ANEDIA, TDAH Sanlés,...) e participamos nos premios do Certame anual de curtas da Asociación Alberto Romero.
  • Moitas tendas e establecementos locais fan descontos para os nosos socios/as.
  • Pertencemos a Federación de ANPAS da Coruña (FEDAPA) e traballamos coa Confederación de ANPAs de Galicia (CONFAPA-GALICIA) e de España (CEAPA).
  • Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil grazas a estar federados (FEDAPA).
  • Cumprimos coa legalidade vixente, tanto en materia de protección de datos (LOPD) coma nos libros obrigatorios, rexistros e estado de contas da ANPA; sempre a vosa disposición, cumprindo cas obrigas que a lei e os Estatutos nos impón.
  • Faremos unha Asemblea Xeral ordinaria no mes de setembro, onde presentaremos os servizos, actividades e propostas para o ano escolar que comeza.
  • Asembleas Extraordinarias sempre que sexa preciso tratar tema de relevancia ou estatutarios.
  • E outra Asemblea Xeral ordinaria no mes de xuño, coa memoria de todo o feito durante o curso e coa aprobación das contas da Asociación.

Estamos nas redes sociais de Facebook e Instagram, e ademais, temos páxina web propia www.anpacaramecheiro.org e enlaces na páxina web do IES nº1 de Ribeira, onde colgaremos toda a información que vaia xurdindo o longo do ano, novas, formularios, documentación, etc.

A ANPA solicita subvencións as diferentes administracións coma o Concello de Ribeira, á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, pero sobre todo mantense grazas ás cotas dos Socios e Socias.

Podedes facervos socios/as por 15€ por familia/ano, mediante transferencia bancaria ao número de conta Banco Santander ES9400492948252414894272

Quedamos ao voso dispor,
A Xunta Directiva da ANPA CARAMECHEIRO do IES Nº1 de Ribeira



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

page | by Dr. Radut