Dentro do Club de Ciencia do IES as profesoras de matemáticas Esperanza Arias e Maite Castro prepararon uns talleres de papiroflexia relacionados cos teselados do plano.
Viuse primeiro unha explicación teórica dos principais conceptos sobre teselados, xiros, traslacións,... e despois, coa axuda dun caderniño, o alumnado e o profesorado participante aprenderon a pregar os pregues básicos da papiroflexia.
Como resultado do traballo, fixeron un teselado de Fröebel, cun número de pezas variáble.