O IES Nº1 de Ribeira foi seleccionado para desenvolver, en calidade de socio, un programa de intercambio educativo europeo. Este programa vai dirixido a persoal docente e alumnado, e vaise desenvolver durante os cursos 2017/2018 e 2018/2019.
"Unha viaxe no tempo" ou en inglés (a lingua oficial do proxecto) "A journey through time", con Nº 2017-1-ES01-KA219-038615_2 trata de investigar a viaxe que realizou en 1668-69 Cosme III de Medici dende Florencia ata Santiago de Compostela para logo continuar partindo dende A coruña, cara Inglaterra e outros países europeos. Unha das finalidades desta viaxe era coñecer de cerca os sistemas de goberno, as actividades económicas de cada país e cidade visitadas, as xentes e os seus costumes, as igrexas, os mosteiros, a música, a comida, etc. O material de partida do que dispoñemos, son as circunstancias que varios cronistas ían recollendo na viaxe, así como as acuarelas que o pintor Baldi ía realizando das distintas poboacións que visitaban, a modo de fotógrafo da época.
O proxecto conta coa participación do profesorado e estudantado dos seguintes centros:
- IES MEDINA AZAHARA de Córdoba, España
- IES Nº 1 DE RIBEIRA, A Coruña, España
- INSTITUTO COMPRENSIVO CALENZANO, Florencia, Italia
- AGRUPAMENTO DE ESCOLAS NUNO GONÇALVES, Lisboa, Portugal