Segunda sesión de traballo grupal dentro dos Polos Creativos
O mércores 8 de maio o profesorado que participa na formación dentro do programa de Polos Creativos reunímonos para trastear co plotter de corte. Traballamos con vinilo termoadhesivo e con vinilo textil. Aquí vos deixamos unha pequena parte do noso traballo, que consistiu na elaboración de material para a aula de convivencia.