Adenda á Programación de Matemáticas do curso 21-22
En virtude da aplicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG11 febreiro 22) e da desaparición da avaliación extraordinaria na etapa da ESO:
Reunido o Departamento de Matemáticas o 30 de marzo de 2022, acordamos o cálculo da nota da Avaliación Final, para toda etapa da ESO durante o curso 2021-22:
-
Para o alumnado que teña superada toda materia (aprobadas as 3 avaliacións parciais con nota igual ou superior a 5) manter o cálculo da nota da avaliación final da materia coas mesmas ponderacións que constaban na programación do departamento, pero co resultado da realización de actividadesdurante o período comprendido entre a 3ª avaliación e a avaliación final, poderá mellorar a nota da avaliación final ata un 1 pto, no caso de que exista a posibilidade da realización de ditas actividades.
-
Para o alumnado coas matemáticas pendentes de cursos anteriores enon superada na avaliación de pendentese que tampouco supera as matemáticas do curso actual, durante o período comprendido entre 3ª avaliación e a avaliación final realizaráselle un proba de aprendizaxes imprescindibles das matemáticas pendentes de cursos anteriores. Considérase superada a materia pendentese a nota da proba é igual ou superior a 5.00. (Ao seren contidos progresivos, se supera as matemáticas do nivel no que está quedaríanlle aprobadas, cun 5, as matemáticas de cursos inferiores).
-
Para o alumnado que ten as 3 avaliacións parciais suspensas, durante o período comprendido entre 3ª avaliación e a avaliación final, faráselle unha proba de aprendizaxes imprescindibles de toda a materia, segundo o plan individualizado de recuperación e se supera a proba, a nota da avaliación final non será superior a 5 e noutro caso a nota non será superior a 4.
-
Para o alumnado con unha ou dúas avaliacións parciaisnon superadas, durante o período comprendido entre 3ª avaliación e a avaliación final, realizaráselle unha proba das avaliacións suspensasenota individual de cada avaliación parcial=Máximo{ nota que figuraba nesa avaliación parcial, nota proba de recuperación desa mesma avaliación }, con estas notascalcularemos a nota final usando as ponderacións que constaban na programación. Considérase superada a materia se a media ponderada do cálculo da nota da avaliación finalé igual ou superior a 5,00.