Neste enlace podes ver o mellor corto do mundo para fomentar a lectura.
https://www.youtube.com/watch?v=G_Slr_-mO_w
Finou Darío Fo, o irreverente e satírico dramaturgo, actor, pintor, contacontos, literato… e Premio Nobel de Literatura no ano 1997.
Achéganse as vacacións de verán e desde a Biblioteca animámosvos a pasar estes días de lecer acompañados de boas lecturas.
Agardamos que vos gusten!
Antía Vidal de 2º ESO C e Pablo Pardavila de 4º ESO B son os gañadores do Concurso de Poesía das Letras Galegas.
Parabéns aos dous e grazas ao alumnado participante!!
Podedes ler os seus poemas nos adxuntos.
Co gallo do día do libro e conmemorando o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare, o equipo da Biblioteca elaborou un marcapáxinas de recordo.
Pide o teu na biblio!!
Coma homenaxe a Rosalía, durante este día faremos un envío masivo a través das redes sociais, baixo a etiqueta #mobilizarosalia, do seguinte verso:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
acompañado dalgunha imaxe alusiva á autora.