BOLSA DE EMPREGO
Se busca traballadores/as para a súa empresa podemos enviarlle os currículos do noso alumnado titulado que mellor se adapte ás súas necesidades.
A maioría dos/das titulados/as encaixan con:
- Bolsas de formación FEUGA, FUAC, Venancio Salcines.
- Contratos en prácticas
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
Pode colaborar connosco admitindo en prácticas non remuneradas o noso alumnado non titulado.
Non desaproveite a oportunidade de ter persoal formado segundo as súas necesidades.
Premendo nos enlaces terán toda a información:
1.- Modelo convenio de colaboración: [en galego] [en castelán]
2.- Modelo de plans formativos:
- Administración de sistemas informáticos en rede
- Administración e finanzas
- Asesoría de imaxe
- Asistencia á dirección
- Desenvolvemento de aplicacións web
- Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
- Estética e beleza
- Estética integral e benestar
- Informática de oficina
- Peiteado e cosmética capilar
- Peiteado e estética
- Sistemas microinformáticos e redes
- Xestión administrativa
As horas de prácticas son as seguintes:
- Ciclos de FPBásica 320 horas.
- Ciclos de grao superior 384 horas.
- Ciclos de grao medio 420 horas.
O alumnado:
- Ten un seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Está en situación legal como calquera outro tipo de traballador/a.
- Non percibe ningún salario da empresa.
- Formouse durante dous cursos no centro educativo.
- Titulará na súa especialidade tras superar o período en prácticas.
A empresa:
- Non ten que afrontar nin salario, nin Seguridade Social, nin gastos de xestión.
- Non ten compromiso de contratación futura.
O centro educativo:
- Encárgase de todos os trámites de forma gratuíta.
- Está á súa disposición para calquera dúbida.
Se é a primeira vez que colabora, necesitamos os seguintes datos para formalizar a súa colaboración.
GRAZAS!