Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Viaxe lúdico-cultural a Ferrol e Fene

09/06/2016 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe lúdico-cultural a Ferrol-Fene

Día:         9 de xuño
Hora:       08:50-19:00
Lugar:      Ferrol-Fene
Para:        1º INFOFI e 3ºPMAR

Alumnado de 1º do Ciclo Básico de Informática de oficina e o 3º PMAR visitarán EXPONAV - Exposición Nacional da Construcción Naval,  que conta cunha impresionante exposición museo dedicada ao mundo da construción naval. Aproveitarán a viaxe para visitar pola tarde o MUSEO DO HUMOR, en Fene.

Recoméndase levar calzado cómodo, comida e bebida da casa. Dependendo do tempo, desprazaranse ata a praia nos pequenos descansos entre visita e visita.


Fotografías

Gañador no concurso 'Atrévete a ter unha idea!'

O 3 de xuño durante a clausura do programa 'Eduemprende Atrévete 2015-2016' entregáronse os galardóns ás mellores propostas de emprendemento. No caso de Lugo, na categoría de 2º ESO resultou premiado o traballo de Alejandro Muñoz Seoane, do IES Muralla Romana. 

Na fotografía aparecen o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o director do IES Muralla Romana, José Antonio Corredoira; a profesora, Mª Luisa Díaz Cadenas, que coordinou ao seu alumnado nesta actividade e o premiado antes mencionado coa súa nai.

Ampliar fotografía

Máis información

Alumnado do IES Muralla Romana, 2º posto nun Concurso Nacional de Programación

ProgramaME 2016

Equipo gañador do 2º PREMIO no Concurso de Programación Nacional ProgramaMe 2016O pasado venres, 3 de xuño de 2016, celebrouse na Facultade de Informática da Universidade Complutense de Madrid a V Final Nacional de ProgramaMe, concurso español de programación para alumnos matriculados en Ciclos Formativos de Formación Profesional. Participaron 21 equipos clasificados nas edicións rexionais.

Nesta final nacional, o equipo lucense Constructores formado por Jesús Rodríguez Núñez, Sol González-Ruiz Carcur e Eloy Pardo Rouco, quedaron no 2º posto deste prestixioso concurso de programación. Os tres son alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web do IES Muralla Romana e estiveron titorados por Máximo Fernández López, profesor do Departamento de Informática e Comunicacións do instituto.

Cada un dos tres membros do equipo levou de premio un fabuloso Parrot Quadricóptero AR.Drone 2.0 Elite Snow. Pero non só é o premio material o importante, senón o poder sentirse orgullosos de formar parte dunha excelente canteira de programadores informáticos 'made in Lugo'.

Visita cultural Lugo Romano

06/06/2016 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita cultural LUGO ROMANO
 

Día:         06 de xuño
Hora:       16:50-18:50
Lugar:      Lugo centro
Para:        4ºESO (alumnado de Latín)

Visita a diferentes lugares da cidade de Lugo de interese arqueolóxico.

O Lugo romano é algo máis que a muralla. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...). Os/as alumnos/as coñecerán parte destes restos que están musealizados e farán un percorrido polo Lugo Romano.

VI Concurso Europeo de Marcapáxinas

David Vila Pérez, alumno de 4º ESO, recibe o TERCEIRO PREMIO no VI Concurso Europeo de Marcapáxinas. 

Ao concurso presentáronse máis de 100 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2016 – Manuel María

Do noso centro participaron alumnado de 4º ESO e tamén de 1º de SIMIRE, animados pola profesora Mª Jesús Rego Rodríguez, interesada en promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación. 

Desde aquí desexámoslles os nosos parabéns tanto a David como a súa profesora; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes proxectos.

anversoreverso

Nestas imaxes podedes ver o marcapáxinas realizado por David e que mereceu o premio no concurso deste ano.

Visita á Casa Museo Manuel María

06/05/2016 16:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Casa-Museo Manuel María

Día:         6 de xuño
Organiza:  Dpto. Lingua Galega
Hora:       16:00-18:30
Lugar:      Outeiro de Rei
Para:        2º ESO A e B (sen ACC) e 3ºESO-B (con PMAR)

Alumnado de 2º e de 3º ESO visitarán a Casa-Museo Manuel María, Casa das Hortas. Achegaranse até Outeiro de Rei para visitaren a casa natal do poeta, hoxe convertida en Casa-Museo. Poderán coñecer así un pouco mellor ao escritor homenaxeado este ano polas Letras Galegas; percorrendo a casa onde nacera (1929) e pasara a súa infancia.


Saída didáctica pola Conca do Río Mera

01/06/2016 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Saída didáctica pola Conca do Río Mera

Día:         1 de xuño
Organiza:  Dpto. CCNN e Cultura Clásica
Hora:       08:50-17:00
Lugar:      Conca do Río Mera
Para:        3º ESO e PMAR

Realizarán unha saída didáctica pola Conca do Río Mera. Sairán a 1ª hora e ten dous puntos de referencia que son o Castro de Penarrubia, na aldea do mesmo nome e que está moi preto de Lugo, e Sta Eulalia de Bóveda. En primeiro lugar irán ao Castro, logo a ver unha mámoa próxima, irán andando, e logo xa se desprazarán a Sta. Eulalia, onde verán o monumento e realizán unhas pequenas rutas na súa proximidade, até as 16:30, que será o momento de regreso ao Instituto para chegar sobre as 17:00 horas.

Comerán de bocadillos e de "petiscos" compartidos, nesa contorna de Sta. Eulalia.

Os grupos participantes (3º ESO, incluído PMAR) teñen que levar roupa cómoda de campo, en función do tempo que faga.

 


Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.

01/06/2016 11:15
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.
 Día:         1 de xuño
Hora:       11:15 ás 13:45
Lugar:      Produtora Fundación TIC
Para:       4º ESO/PDC
(alumnado que cursa a materia TIC)

 

Xornada na que os alumnos e as alumnas de 4º de ESO visitarán a Produtora da Fundación TIC e realizarán a gravación dun informativo con noticias reais, TICodiario, e coñecerán de primeira man os ciclos de Realización e Produción que imparte a EIS (Escola de Imaxe e Son) de Lugo.

TICODIARIOS da Fundación TIC en Youtube  

 

Viaxe lúdico-cultural a Celanova

30/05/2016 09:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural CELANOVA

Día:         30 de maio
Organiza:  EDNL e Dpto. Lingua Galega
Hora:       08:50-19:30
Lugar:      Celanova - Ourense
Para:        3º ESO-B sen PMAR

A Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de estudantes que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. O programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infante, cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - CELANOVA – OUTARIZ -LUGO

Pola mañá: Vilanova dos Infantes, Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Ourense, nas Termas de Outariz.

Chegada estimada a Lugo 19:30 h


Fotografías

Viaxe cultural: Ruta Pondaliana 2016

26/05/2016 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural Costa da Morte

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Ponteceso / Ézaro / Fisterra
Para:        II PMAR e 4º ESO sen PDC

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:  RUTA PONDALIANA, na Costa da Morte.

Ponteceso: Ofrenda floral e lectura de poemas.

Castro de Borneiro.

Cabana de Bergantiños: Dolmen de Dombate

Muxía: Descanso para comida (que levarán da casa) - Santuario Virxe da Barca, Pedra de Abalar.

Ézaro: Museo da Electricidade, Vista da Fervenza

Fisterra (faro)

Carnota (se hai luz, ver a Praia)

Mazaricos

Sigüeiro

Chegada estimada a Lugo 20:30 h


Fotografías
Distribuir contido


by Dr. Radut