Skip to Content

Alumnado do IES Muralla Romana, 2º posto nun Concurso Nacional de Programación

ProgramaME 2016

Equipo gañador do 2º PREMIO no Concurso de Programación Nacional ProgramaMe 2016O pasado venres, 3 de xuño de 2016, celebrouse na Facultade de Informática da Universidade Complutense de Madrid a V Final Nacional de ProgramaMe, concurso español de programación para alumnos matriculados en Ciclos Formativos de Formación Profesional. Participaron 21 equipos clasificados nas edicións rexionais.

Nesta final nacional, o equipo lucense Constructores formado por Jesús Rodríguez Núñez, Sol González-Ruiz Carcur e Eloy Pardo Rouco, quedaron no 2º posto deste prestixioso concurso de programación. Os tres son alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web do IES Muralla Romana e estiveron titorados por Máximo Fernández López, profesor do Departamento de Informática e Comunicacións do instituto.

Cada un dos tres membros do equipo levou de premio un fabuloso Parrot Quadricóptero AR.Drone 2.0 Elite Snow. Pero non só é o premio material o importante, senón o poder sentirse orgullosos de formar parte dunha excelente canteira de programadores informáticos 'made in Lugo'.



page | by Dr. Radut