Skip to Content

INFORMÁTICA

Membros do departamento de INFORMÁTICA

Informática

Profesor/profesoraCargo
Cerecedo González, Xosé Uxío

Xefe de Departamento

 

 Barreira Valín, Alberto 
Blanco González, Víctor 
Borrego Varela, Luciano Francisco 
  
Cabañas Olmo, Enrique 
Domínguez Álverez, Brais 
  
Fernández Chao, José Antonio 
Fernández Dorado, José M. 
Fernández López, José Máximo 
Fernández Pérez, Julio 
García Rodríguez, César Valentín 
González López, Isaac 
  
Goy López, Marta 
López Coro, Esther 
López Ruíz, Mª Belén 
Luaces Conde, Aniceto Juan 
Novas Braña, Estefanía 
  

Quintana Domao, Silvia

Rodríguez Ascariz, Artesino

Seijo Alonso, Arturo

 
Torre Losada, José Luis 

Varela Montero, María Paz

Vázquez Abelleira, Arturo

 

Vázquez Blanco, Uxío

Verdes Piñeiro, Manuel

 
Villamarín Camiño, Jerónimo 

Campións do "Concurso previo ao Nadal de adestramento ProgramaMe"


O equipo 'final short celtas', formado por tres alumnos do noso instituto, foi o gañador do campionato de programación "Concurso previo ao Nadal de adestramento ProgramaMe". Nunha competición a nivel nacional alzáronse co primeiro posto, dun total de 318 equipos participantes. Eles son Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés; todos alumnos de 2º do ciclo de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e estiveron acompañados polo seu profesor, Alberto Barreira. Parabéns a todos eles e como di o titular da prensa sodes "unhas promesas da programación".

Noticia en El Progreso

CONCURSO PROGRAMA-ME

Estamos moi orgullosos do noso alumnado do ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma da familia de Informática polo seu magnífico terceiro posto no concurso de programación competitiva Programa-me (https://programame.com/2023/nac/organizado pola Universidade Complutense de Madrid.

O equipo formado por Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés e dirixido polo profesor Alberto Barreira, logrou acceder a esta fase final ao acadar o primeiro posto na fase autonómica onde venceron a outros 81 equipos.

Parabéns a todos os participantes e en especial ao noso equipo polo seu esforzo, traballo e paixón pola programación que lles permitiu acadar este estupendo resultado.

PROGRAMA-ME

1ºDAM PARTICIPA NO CONCURSO DE PROGRAMACIÓN ProgramaMe

O alumnado de 1º curso do ciclo superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma participou o 28 de abril no concurso de programación competitiva Programa-me de ámbito nacional. 

O concurso Programa-me está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e participan centros de todo o estado. O alumnado forma grupos de tres membros máis un suplente e intentan resolver en 3 horas entre 8  e 12 problemas de programación cun forte compoñente algorítmico. Cando un equipo resolve un problema, recibe un globo da cor identificativa do mesmo. 

equipo participante participantes

 

A experiencia foi moi enriquecedora xa que, ademais dos coñecementos adquiridos durante o seu desenvolvemento, o alumnado puxo en práctica o traballo feito ao longo do curso. 

Premendo nesta ligazón pode verse o desenvolvemento completo do curso.  

PRIMEIRA EDICIÓN DO LUGO GAMING FEST

Os días 23 e 24 de abril tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a Primeira edición do Lugo Gaming Fest. Neste salón interactivo, no que se amosaron diferentes facetas relacionadas co mundo dos videoxogos, estiveron presentes representantes do curso de especialización, Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual que se imparte no centro.

Premendo neste enlace do telexornal da Televisión de Galicia poderedes ver a información sobre este evento (Comeza no minuto 30:18).

 

 

1ºDAM participa no concurso de programación ProgramaMe.

28/04/2022 08:45
28/04/2022 14:29

O alumnado de 1ºDAM, animado polo seu profesor, participará no concurso de programación, ProgramaMe, organizado pola Facultad de Informática de la Universidad Complutense de Madrid.

Os participantes deberán resolver entre oito e doce problemas de programación, utilizando as linguaxes C, C++ o Java co obxectivo de traballar habilidades de programación básica, desenvolvemento de algoritmos e estruturas de datos. 

SORTE!!

 

 

CONFERENCIA SOBRE A LOPD

20/12/2021 17:00
20/12/2021 18:00

CONFERENCIA SOBRE A LOPD

Relatora: Lorena Vázquez (Asesoría Álvarez Real)

DÍA:  20 de decembro

HORA: 17 H.

LUGAR: Salón de actos do centro

DESTINATARIOS/AS: 2º cursos de ciclos formativos de Informática, tanto de réxime ordinario como de adultos. 

MODALIDADE: presencial (respectando en todo momento a capacidade permitida do salón de actos)

 

XORNADAS VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL

03/12/2021 18:00
03/12/2021 20:00

NFTs e CryptoGaming

David Noya- BitcoinPedium

Máis información premendo neste enlace. 

 

XORNADAS VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL

02/12/2021 18:00
02/12/2021 20:00

Unreal vs Unity. Facendo carreira nos videoxogos. 

Ítalo D. Italo4Dev

Máis información premendo neste enlace. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut