Estamos moi orgullosos do noso alumnado do ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma da familia de Informática polo seu magnífico terceiro posto no concurso de programación competitiva Programa-me (https://programame.com/2023/nac/) organizado pola Universidade Complutense de Madrid.
O equipo formado por Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés e dirixido polo profesor Alberto Barreira, logrou acceder a esta fase final ao acadar o primeiro posto na fase autonómica onde venceron a outros 81 equipos.
Parabéns a todos os participantes e en especial ao noso equipo polo seu esforzo, traballo e paixón pola programación que lles permitiu acadar este estupendo resultado.