Skip to Content

DESTAQUES

HORARIOS

Reloxo - imaxe de PixabayHorario da oficina
Mañás: Luns a venres, de 9:00h a 14:00 h
Tardes: Martes, de 17:00h a 19:00 h
Horario do centro
Mañás: Luns a venres, de 8:45 h a 15:00 h
Tardes: Luns, xoves e venres, de 16:50 h a 22:45h; martes e mércores, de 16:00 h a 22:45 h

25 N –DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER– NO IES MURALLA ROMANA

No día de hoxe, 25 N, levouse a cabo durante o recreo unha performance por parte do alumnado, dirixida por Iván, profesor de Educación Física, en contra da violencia de xénero. Como música de fondo, aportada por Ana Fernández (Coordinadora do  Equipo de Dinamización da Lingua), destacou a ambientación con  “La puerta violeta” de Rozalén.
Ademais do alumnado, tamén colaborou o profesorado, coordinación da biblioteca e o persoal non docente na decoración do centro, con globos, murais e lazos de cor morada en contra da violencia de xénero.
Todo isto no contexto dunha semana especialmente centrada nesta temática, con diversas actividades de titoría nos diferentes cursos. Sen esquecer en ningún momento que a loita pola non discriminación e a tolerancia cero fronte á violencia deben estar presentes non só un día senón todo o ano.

Por 365 días de respecto e igualdade!
*Vídeo

 

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL A MALTA

Alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (Dual) tiveron a oportunidade de realizar  unha viaxe de inmersión linguistica e cultural a Malta dende o 18 ao 21 de novembro, acompañados polas súas titoras.

*Máis información

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os días 11 e 18 de Novembro o alumnado de 1º de ciclos formativos das tres Familias Profesionais do centro: Administración e Xestión, Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, que cursan ICHS e/ou IPE I (anteriormente FOL e como parte do bloque temático de prevención de riscos laborais ) asistiron ao Obradoiro de primeiros auxilios impartido pola Cruz Vermella no salón de actos do noso centro.

REALIDADE OU CSI: QUE NOS CONTA O ADN DE TI?

O día 15 de novembro o alumnado de bioloxía de 4º ESO,1º e 2º BACH tiveron a oportunidade de escoitar, dentro do programa “A Ponte“ da USC  a charla “Realidade ou CSI: que nos conta o ADN de ti?”, impartida por investigadores da Unidade de Xenética forense do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC (Mª del Carmen  de la Puente, Javier González e Lucía Casanova). Esta charla estivo centrada en contar ó alumnado o funcionamento do laboratorio de xenética forense e a aplicación das novas tecnoloxías de análise de ADN, como factores determinantes para a resolución de casos complexos (parentescos afastados ou casos que requiran do fenotipado forense e inferencia da ancestralidade bioxeográfica).

VISITANDO COMPOSTELA

O pasado 5 de novembro o alumnado de 4º PDC visitou a cidade de Santiago de Compostela. Á chegada fixeron unha andaina pola cidade, visitando lugares de interese cultural polo casco antigo: Catedral, Praza da Quintana, Alameda…

Ás doce tiveron unha visita ao Museo do Pobo Galego, no que primeiro lles explicaron curiosidades sobre a escaleira en espiral que hai na entrada, posteriormente asistiron a unha actividade titulada "De remuda" sobre música tradicional. Escoitaron varios anacos de pezas musicais e xogaron a  relacionalas coas diferentes estacións do ano e/ou cos labores que se facían . Noutra sala falóuselles sobre a importancia da música ao longo da vida desde a infancia ata a morte, pasando por momentos destacados como as vodas. Relacionado con isto, explicóuselles que era unha regueifa e eles mesmos, entre todos, crearon unha copla como parte incial dunha posible regueifa. Logo fixeron un percorrido rápido polo resto do Museo.

Foi unha mañá moi proveitosa fóra das aulas nas que nos achegamos dunha forma lúdica á nosa música tradicional nun contorno privilexiado.

TORNEOS

Cartel TORNEO XADREZCartell TORNEO UNO
Preme en cada cartel para ver ampliado

GALICIA TIC 2024

0 7 de novembro tivo lugar, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, o evento Galicia TIC 2024. Neste evento estiveron presentes empresas do sector TIC con stands para coñecer o alumnado interesado en realizar as prácticas ou mesmo traballar unha vez finalizado o ciclo. O alumnado tamén coñeceu  as oportunidades laborais do sector TIC e escoitaron as experiencias dos profesionais do sector cos que se puideron sentir identificados como futuros profesionais TIC.

*Máis información en:https://www.galiciatic.com/

IV ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE

O día 6 de novembro o alumnado de 2° SIMIRE - 2°ADSIINRE e SIMIRE de adultos asistiron á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ó IV Encontro Galego de Ciberseguridade (CIBER.GAL), baixo o relatorio de Chema Alonso-Chief Digital Officer de Telefónica (membro do Comité Executivo de Telefónica e experto en ciberseguridade), ás seguintes actividades:

ADVENS-Protexendo as Olimpíadas de París.
PROOFPOINT-Protexe  os teus usuarios. Defende os teus datos.
NTT DATA-IA aplicada á  ciberseguridade
CHECK POINT-Protección móbil 360: Seguridade total na palma da túa man.

Distribuir contido


by Dr. Radut