O pasado 5 de novembro o alumnado de 4º PDC visitou a cidade de Santiago de Compostela. Á chegada fixeron unha andaina pola cidade, visitando lugares de interese cultural polo casco antigo: Catedral, Praza da Quintana, Alameda…
Ás doce tiveron unha visita ao Museo do Pobo Galego, no que primeiro lles explicaron curiosidades sobre a escaleira en espiral que hai na entrada, posteriormente asistiron a unha actividade titulada "De remuda" sobre música tradicional. Escoitaron varios anacos de pezas musicais e xogaron a relacionalas coas diferentes estacións do ano e/ou cos labores que se facían . Noutra sala falóuselles sobre a importancia da música ao longo da vida desde a infancia ata a morte, pasando por momentos destacados como as vodas. Relacionado con isto, explicóuselles que era unha regueifa e eles mesmos, entre todos, crearon unha copla como parte incial dunha posible regueifa. Logo fixeron un percorrido rápido polo resto do Museo.
Foi unha mañá moi proveitosa fóra das aulas nas que nos achegamos dunha forma lúdica á nosa música tradicional nun contorno privilexiado.