No día de hoxe, 25 N, levouse a cabo durante o recreo unha performance por parte do alumnado, dirixida por Iván, profesor de Educación Física, en contra da violencia de xénero. Como música de fondo, aportada por Ana Fernández (Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua), destacou a ambientación con “La puerta violeta” de Rozalén.
Ademais do alumnado, tamén colaborou o profesorado, coordinación da biblioteca e o persoal non docente na decoración do centro, con globos, murais e lazos de cor morada en contra da violencia de xénero.
Todo isto no contexto dunha semana especialmente centrada nesta temática, con diversas actividades de titoría nos diferentes cursos. Sen esquecer en ningún momento que a loita pola non discriminación e a tolerancia cero fronte á violencia deben estar presentes non só un día senón todo o ano.
Por 365 días de respecto e igualdade!
*Vídeo