Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - CURSO 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

MES DE XULLO

HORARIO APERTURA CENTRO 

Luns a venres: 9:00h-14:00h

Horario de OFICINA para atención ao público

 Luns a venres: 9:00h-14:00h

Correo electrónico: email Oficina

PRAZOS AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 24

GRADUACIÓN 4º ESO 23/24

INFORMACIÓN IMPORTANTE FP DUAL INTENSIVO - CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Logo FP DUAL

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FP DUAL:

Convócase ao alumnado preinscrito no ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en Réxime Dual Intensivo o martes día 9 de xullo ás 9:30 horas neste centro para a selección de candidatos por parte das empresas. Imprescindible asistencia para poder obtar a praza.

LATRICADAS 29. CURSO 2023/2024

INDO Ó CINE EN GALEGO: "AS NEVES"

O alumnado de 1º BAC, FP Básica e 3º PDC asistiu a unha sesión de cine en galego o luns 17 de xuño. Vimos a película "As neves" baixo a dirección de Sonia Méndez. Neste filme predominan paisaxes de montaña da zona da Fonsagrada.  O argumento xira arredor dunha investigación policial tras o acontecido nunha festa da mocidade, durante o entroido. "As Neves" foi recoñecida coa Biznaga de Ouro no Festival de Málaga.

PERCORRENDO O CAMIÑO FRANCÉS

O 18 de xuño, o alumnado de francés do IES Muralla Romana e o alumnado francés da escola Notre Dame d'Elbeuf de Normandía (Francia), quedou para facer un tramo do camiño francés, partindo de Sarria.

Malia as condicións meteorolóxicas, os rapaces percorreron a parte máis bonita do camiño con bo ritmo e moi bo ánimo. Finalmente, chegaron a Portomarín onde  visitaron a vila e recuperaron forzas.  Os rapaces franceses quedaron abraiados pola paisaxe e historia da vila, xa que lembra o que pasou na Bretaña francesa (na cidade de Guerlédan). Retomaremos o camiño para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut