Skip to Content

DESTAQUES

HORARIOS

Reloxo - imaxe de PixabayHorario da oficina
Mañás: Luns a venres, de 9:00h a 14:00 h
Tardes: Martes, de 17:00h a 19:00 h
Horario do centro
Mañás: Luns a venres, de 8:45 h a 15:00 h
Tardes: Luns, xoves e venres, de 16:50 h a 22:45h; martes e mércores, de 16:00 h a 22:45 h

REALIDADE OU CSI: QUE NOS CONTA O ADN DE TI?

O día 15 de novembro o alumnado de bioloxía de 4º ESO,1º e 2º BACH tiveron a oportunidade de escoitar, dentro do programa “A Ponte“ da USC  a charla “Realidade ou CSI: que nos conta o ADN de ti?”, impartida por investigadores da Unidade de Xenética forense do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC (Mª del Carmen  de la Puente, Javier González e Lucía Casanova). Esta charla estivo centrada en contar ó alumnado o funcionamento do laboratorio de xenética forense e a aplicación das novas tecnoloxías de análise de ADN, como factores determinantes para a resolución de casos complexos (parentescos afastados ou casos que requiran do fenotipado forense e inferencia da ancestralidade bioxeográfica).

VISITANDO COMPOSTELA

O pasado 5 de novembro o alumnado de 4º PDC visitou a cidade de Santiago de Compostela. Á chegada fixeron unha andaina pola cidade, visitando lugares de interese cultural polo casco antigo: Catedral, Praza da Quintana, Alameda…

Ás doce tiveron unha visita ao Museo do Pobo Galego, no que primeiro lles explicaron curiosidades sobre a escaleira en espiral que hai na entrada, posteriormente asistiron a unha actividade titulada "De remuda" sobre música tradicional. Escoitaron varios anacos de pezas musicais e xogaron a  relacionalas coas diferentes estacións do ano e/ou cos labores que se facían . Noutra sala falóuselles sobre a importancia da música ao longo da vida desde a infancia ata a morte, pasando por momentos destacados como as vodas. Relacionado con isto, explicóuselles que era unha regueifa e eles mesmos, entre todos, crearon unha copla como parte incial dunha posible regueifa. Logo fixeron un percorrido rápido polo resto do Museo.

Foi unha mañá moi proveitosa fóra das aulas nas que nos achegamos dunha forma lúdica á nosa música tradicional nun contorno privilexiado.

TORNEOS

Cartel TORNEO XADREZCartell TORNEO UNO
Preme en cada cartel para ver ampliado

GALICIA TIC 2024

0 7 de novembro tivo lugar, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, o evento Galicia TIC 2024. Neste evento estiveron presentes empresas do sector TIC con stands para coñecer o alumnado interesado en realizar as prácticas ou mesmo traballar unha vez finalizado o ciclo. O alumnado tamén coñeceu  as oportunidades laborais do sector TIC e escoitaron as experiencias dos profesionais do sector cos que se puideron sentir identificados como futuros profesionais TIC.

*Máis información en:https://www.galiciatic.com/

IV ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE

O día 6 de novembro o alumnado de 2° SIMIRE - 2°ADSIINRE e SIMIRE de adultos asistiron á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ó IV Encontro Galego de Ciberseguridade (CIBER.GAL), baixo o relatorio de Chema Alonso-Chief Digital Officer de Telefónica (membro do Comité Executivo de Telefónica e experto en ciberseguridade), ás seguintes actividades:

ADVENS-Protexendo as Olimpíadas de París.
PROOFPOINT-Protexe  os teus usuarios. Defende os teus datos.
NTT DATA-IA aplicada á  ciberseguridade
CHECK POINT-Protección móbil 360: Seguridade total na palma da túa man.

VISITA Ó CIMUS E INSTITUTO DE MEDICINA XENÓMICA (COMPOSTELA)

O día 5 de novembro o alumnado de 1º BACH visitou os centros de investigación CIMUS e Instituto de Medicina xenómica, guiados polo Dr. Anxo Carracedo. Na visita percorremos os diferentes laboratorios onde se levan a cabo todos os procesos que van dende a extracción do ADN, a súa amplificación, a detección de mutacións e a súa análise, ata a creación de organoides (órganos en miniatura). Todo dende a óptica do estudo de enfemidades e a procura de estratexias e fármacos para o seu tratamento. Enfermidades coma o cancro pero tamén outras coma a esquizofrenia, o TDAH ou o TEA son algunhas nas que conseguiron relevantes avances nos últimos anos.

O SAMAÍN DO MURALLA

O día 30 de outubro chegou o Samaín ó Muralla Romana: Xogos, degustación de pratos terroríficos, magosto, entrega de premios @s artistas culinarios e tamén @s gañadores do concurso de fotografía para a elaboración do calendario 24-25, baixo o  lema "vida saudable". Parabéns a tod@s!!

*Enlace premios calendario

*Vídeo samaín

VISITA Ó VIVEIRO DE EMPRESAS CEI NODUS

Os días 21 e 23 de Outubro o alumnado de 2º de Ciclos Formativos das Familias
Profesionais de Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, que cursan o módulo
profesional de Empresa e Iniciativa Emprendedora ( EIE ), realizaron unha visita ó
Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), unha aposta do Concello de Lugo para a promoción económica e social da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
* Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut