Skip to Content

ALUMNOS/AS DE 3º ESO VISITAN “O TRAILER ENFERMEIRO”

O mércores 20 e o xoves 21 de setembro os grupos de 3º ESO fixeron unha saída ata o centro da cidade para asistir a unha actividade organizada polo Ilustre Colexio de Enfermaría.

Primerio asistiron a unha charla na que lles explicaron que estilo de vida deben manter para ter hábitos saudables no seu día a día, logo entraron no "trailer enfermeiro”, que percorre toda a xeografía española e que estes días está en Lugo, nel dúas profesionais da enfermaría axudáronlles a coñecer un pouco máis sobre a saúde e a prevención de enfermidades, a través de actividades interactivas como un trivial ou realizando prácticas básicas de primeiros auxilios, destacando a toma das súas pulsacións e comprobando se todo estaba correcto.

Foi unha visita moi proveitosa e "saudable", na que a maioría dos alumnos/as foron e volveron ao instituto a pé. 

AVISO

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DISTANCIA

O alumnado de ciclos na modalidade a DISTANCIA que non reciba as instrucións para rexistrarse na plataforma, ou ben teña algún problema co rexistro na mesma, deberá contactar coa Unidade de Atención a Centros (UAC) para a súa resolución.

DISTINTIVO SELLO VIDA SALUDABLE

logoO centro educativo continúa co distintivo "SELLO DE VIDA SALUDABLE". 

"En cumplimiento de lo previsto en el artículo 7.2 de la Orden ECD/2475/2015, una vez revisados todos los centros adjudicatarios de 2016, y de acuerdo con la propuesta formulada por la comisión evaluadora, se ha resuelto mantener el derecho al uso del distintivo "SELLO VIDA SALUDABLE" a su centro." 

Distribuir contido


by Dr. Radut