O mércores 20 e o xoves 21 de setembro os grupos de 3º ESO fixeron unha saída ata o centro da cidade para asistir a unha actividade organizada polo Ilustre Colexio de Enfermaría.
Primerio asistiron a unha charla na que lles explicaron que estilo de vida deben manter para ter hábitos saudables no seu día a día, logo entraron no "trailer enfermeiro”, que percorre toda a xeografía española e que estes días está en Lugo, nel dúas profesionais da enfermaría axudáronlles a coñecer un pouco máis sobre a saúde e a prevención de enfermidades, a través de actividades interactivas como un trivial ou realizando prácticas básicas de primeiros auxilios, destacando a toma das súas pulsacións e comprobando se todo estaba correcto.
Foi unha visita moi proveitosa e "saudable", na que a maioría dos alumnos/as foron e volveron ao instituto a pé.