Skip to Content

Rutas literarias

28/01/2015 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos de Medo no Museo

 

Día:          28 de xaneiro   
Organiza:  Dpto. de Lingua Galega e Dinamización Lingüística
Hora:       10:00 h.
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO e 4º PDC


 

Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.

Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Blog do Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo Información do libro na rede



event | by Dr. Radut