Skip to Content

RESUMO DA XORNADA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL NO IES MURALLA ROMANA

Cartel das XornadasO pasado 15 de maio, celebrouse por primeira vez no IES Muralla Romana,unha Xornada de Orientación Profesional co lema “Embárcate na FP. Diríxete ao teu soño".

Esta xornada tiña entre os seus obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos (ESO e 1ªBacharelato).
■ Fomentar a interacción dos distintos niveveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana e mesmo que o propio alumnado das familias profesionais coñeza o labor doutros compañeiros/as cos que comparten instalacións.
■ Fomentar o traballo interdisciplinar, de xeito que o alumnado se dera conta do papel que cada materia das que reciben docencia ten na vida profesional e tamén facendo posible que prosesorado de diferentes áreas de coñecemento se coordinara para acadar este obxectivo común.

A experiencia resultou moi enriquecedora e satisfactoria. O alumnado mostrouse moi motivado no desenvolvemento previo e tamén durante a realización do propio día da xornada. Asemade, a implicación do profesorado que participou confeccionando e dirixindo os diferentes obradoiros que se plantexaron para mostrar a realidade da formación profesional do IES Muralla Romana fixeron posible que a Xornada acadara os obxectivos antes citados.

Parabéns a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo e dedicación.

 

 


Para este día elaboráronse diferentes recursos:

Os carteis das xornadas: Cartel principal para difundir a xornada, tres carteis para presentar os diferentes obradoiros desenvolvidos ao longo do día 15 de maio. O deseño e redacción destes carteis foi realizado íntegramente polo alumnado de 1º PEIEST, durante as horas de ámbito ligüístico.

Deseño de Obradoiros para cada unha das familias profesionais que tiveron como protagonistas ao alumado dos ciclos formativos e ao alumnado de 4º e 1º BAC. Onde se fomentou a interacción entre os rapaces/zas que ensinaron a profesión que están a estudar coa participación activa dos alumnado de secundaria que asistiu á xornada.

Elaboración de videos coas testemuñas de alumnos/as que están a estudar os diferentes ciclos formativos da oferta do IES Muralla. Sendo esta unha labor moi complicada polo escaso tempo do que se dispuxo para grabar os videos e para a súa posterior montaxe, que foi posible grazas ao traballo do profesorado do departamento de FOL que se encargou de facer a gravación dos videos e ao alumnado de 1º e 2º de BAC, dirixidos pola profesora de TIC I e TIC II, os cales fixeron a montaxe dos mesmos.

Elaboración de presentacións PowerPoint con imaxes reais das instalacións e equipamento dos diferentes talleres das familias profesionais con formación sinxela e básica onde o alumnado do IES poida atopar un pouco máis de luz, cando teña que tomar unha decisión tan complexa como é por onde continuar os seus estudos. Estas presentacións foron elaboradas polo alumnado de 1º INFOFI dirixidos pola profesora de ofimática e as fotografías e guións ca información sobre os ciclos formativos foron feitas polo profesorado do Departamento de FOL. Seguirase traballando sobre elas, en próximas edicións.

A continuación presentamos unha pequena mostra do que deu de sí esta Xornada de Orientación Profesional.

 

Familia Imaxe persoal
Cartel obradoiros imaxe persoal

TALLER 1. OBRADOIRO DE CORTE E RECOLLIDOS

 Trenza prácticaTrenza espiga 

Como mostra do aprendido, o alumnado do CM Peiteado e cosmética capilar ofreceu a facer -ou ensinar a facer- distintos tipos de trenzas: de 4 cabos, de espiga, de aneis, con abalorios...

Tamén había a opción de retocar a melena cun corte compacto.

TALLER 6. CREANDO ESTILOS

 Peiteado perrucasPráctica peiteadoHixiene capilar con mentol 

 

O alumnado de 2º do CB Peiteado e Estética ofreceu outras 2 alternativas unha refrescante hixiene capilar con mentol ou a colocación dun guedello de fantasía no pelo.

TALLER 4. DESEÑO DE MAQUILLAXE E DECORACIÓN DE UÑAS

MaquillaxeTatuaxe aplicación a alumnasDecoración uñasMaquillaxe ferida

O CM de Estética e beleza demostrou as habilidades adquiridas no módulo de maquillaxe ofrecendo delineados e sombreados de ollos, maquillaxe de efectos especiais (feridas, negróns ou hematomas), decoración corporal mediante plantillas de distintas formas e decoración de uñas.

TALLER 3. COÑECENDO E COIDANDO A NOSA PEL

MasaxeHixiene facialTaller hixiene corporalHixiene facial rapaz

O CM de Estética e beleza e CS de Estética integral e benestar ofreceron un circuíto de coidado da pel, mediante unha análise personalizada e unha masaxe facial que fixo as delicias dos que a probaron.

TALLER 2. A TRAVÉS DO ESPELLO

VisaxismollColorimetría panosColorimetríaRisoterapia

O alumnado do CS de Asesoría de imaxe persoal e corporativa preparou 3 opcións a escoller: unha análise de visaxismo para poder seleccionar as gafas que máis favorecían, unha análise de colorimetría onde, por medio de panos de cores, se analiza que cores favorecen máis e un taller de risoterapia-kinesia para descubrir, con un pouco de humor, a importancia dos códigos xestuais na comunicación.

MOSTRAS DE COSMÉTICOS

O alumnado do CM de Estética e beleza mostrou unha escolma dos xabóns, candeas e outros cosméticos que aprenderon a elaborar este ano e agasallou aos participantes con mostras de barras de cacao con chocolate que tiveron moi boa acollida.

ORGANIZACIÓN

O alumnado de 1º do CB Peiteado e Estética colaborou na organización dos grupos, na xestión dos tempos, no reparto de cosméticos... unha labor que fixo que todo saíra perfecto!

 

Familia Administración e xestión
Cartel obradoiros Administración e xestión

 

Planificación, loxística e financiamento dunha empresa:

  • Exposición dun plan de simulación empresarial no que se integran os contidos de tódolos módulos do ciclo (1º e 2º) co visionamento de elaboración de esbozos, elaboración de vídeos e paxinas web, CV, uso do software DelSol para facturación, nóminas e contabilidade.
  • Visionamento dun vídeo de Xestión Loxística.
  • Cálculo de préstamos e uso de ferramentas de cálculo financeiro.

 

Boas prácticas na organización de eventos:

  • Explicación do proceso de organización dun evento en xeral.
  • Explicación detallada do proceso de organización do concurso Lucus Intercentros.
  • Explicación do proceso de organización dun viaxe de empresa.
  • Explicación da importancia do protocolo empresarial e da imaxe corporativa da empresa.
  • Visionamento dun vídeo resumen dos ciclos da familia de administración e xestión.

A xestión na empresa:

  • Interacción co alumnado a través do xogo Manexo do Patrimonio, no que cada xogador parte dunha cantidade de diñeiro inicial, e vai vendo como o seu patrimonio (distinguindo entre bens e dereitos adquiridos, e obrigas xeradas) vai evolucionando ó longo do xogo.

Adéntrate na cartelería e na encuadernación:

  • Tarefas de encadernación mediante a elaboración dun caderno de notas.
  • Elaboración de marcapáxinas e trípticos coa oferta formativa do centro
 Documento elaborado para xestión patrimonioTaller xestión patrimonioTaller xestión patrimonio 
 Taller maquetaxeTaller patrimonio - explicación do xogoTaller Monopoli - xestión patrimonio 

 

Familia Informática e comunicacións
Cartel obradoiros Informática e comunicacións

No obradoiro "Os segredos da programación" traballouse co alumnado os seguintes aspectos:

  • Comenzamos contextualizando os ciclos de Desenvolvemento de aplicacións (Multiplataforma e Web) dentro das distintas opcións que ofrece a Formación profesional.
  • Indicamos as competencias que adquire o alumnado nos ciclos de desenvolvemento.
  • Mostramos unha aplicación real funcionando e mostramos o código fonte.
  • Desenvolvimos unha pequena aplicación para que o alumnado vise o proceso que conleva facer un programa.
 Taller - Segredos da progamaciónTaller - Segredos da progamación 

Obradoiro montaxe de ordenadores:

Explicación dos componentes internos dos ordenadores e a súa función no conxunto. Para finalizar actividades lúdicas respecto ao explicado cun rosco de pasapalabra, recoñecemento de componentes con test de coñecemento mediante a unión de componentes-concepto e con led de verificación ademáis dun concurso de pregunta-resposta con pulsadores e iluminación. O alumno que máis puntos acadaba agasallábaselle cunha una medalla.

Montaxe equiposExplicación partes do ordenadorVisionando as tripas do ordenadorTaller montaxe concurso
 Taller montaxe equipos - circuitosTaller montaxe equipos - medallaTaller montaxe equipos - pulsador 

Obradoiro creación de videoxogos e realidade virtual:

No obradoiro dividiuse ao grupo en dúas partes. A primeira metade estaba na aula conde se cursa videoxogos e os alumnos tiveron a posibilidade de ver como se traballa no curso de especialización e como se programan vidoxogos. A outra metade mentres tanto vía o funcionamento das gafas de realidade virtual, xogando con algúns dos exercicios que fixeron o alumnado do curso de especialización deste ano.

Realidade virtualRealidade virtualRealidade virtualVideoxogos

VIDEOS - TESTEMUÑAS DE ALUMNADO DE CICLOS

 



page | by Dr. Radut