Skip to Content

ENTREGA DE PREMIOS I TORNEO XADREZ

Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr  a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.

Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios. 

presentadores  Gañador e profesor organizador

Premendo neste enlace poderedes ver as fotos da entrega de premios. 

Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia. 

PARABÉNS AO GAÑADOR!

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!

PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!

Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ. 



page | by Dr. Radut