ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Aula da natureza de Chelo | ||
Día: 18 de decembro Hora: 08:50 ás 14:20 Lugar: Río Mandeo - Coirós Para: 3º ESO Organiza: Dpto. CCNN |
Alumnado de 3º da ESO do IES Muralla Romana realizará unha visita guiada pola Aula da natureza de Chelo, no río Mandeo en Coirós. Aula equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Nela poderán aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.
Contarán cun guía, educador ambiental, para informar ao alumnado sobre calquera dúbida relacionada cos contidos que na aula se tratan.
Para chegar ata alí farán senderismo a carón do río Mandeo, polo que deberán levar calzado cómodo e indumentaria de abrigo apropiada.