Eventos
Lois Pérez e Anxo Lamelo presentarán a actividade #EnredandoCoGalego.
DÍA: 19 DE ABRIL
HORARIO: 10:25H- 11:15H.
ASITENTES: 2ºESO A_B_C.
LUGAR: Salón de actos
O alumnado de 3ºESO realizará a ruta literaria pola vila de Celanova, visitará a Casa dos Poetas, o Mosteiro desta vila e na cidade de Ourense as Termas de Outariz.
Saída do centro ás 08:45h e regreso (+/-) 19:00h
Alumnado de 2ºESO participará na Olimpíada de matemáticas que se celebrará en Lugo o xoves día 21 de abril.
Saída do centro ás 10:00h
Coñecemos outras realidades. Achegámonos á diversidade funcional, dinámicas de empatía e historias de vida.
A actividade será impartida por profesionais de ASPACE (Lugo): Lucía, traballadora social e Paula, terapeuta ocupacional. E volveremos contar coa presenza de Fernada Arrojo.
DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1ºINFOFI.
Raúl Ordóñez, responsable de SHERPA. Cultura dixital, impartirá unha charla sobre: Riscos das redes sociais e uso responsable destas, dirixida a:
ALUMNADO DE 3ºESOA_B
10:25h a 11:15h
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3ºESO
16:30h- 18:00h
LUGAR: SALÓN DE ACTOS
Dentro do programa EduTecEmprende 2021-2022, o alumnado de 4ºESOB visitará o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA, no que coñecerán o sector conserveiro, a historia e evolución deste e as oportunidades e experimentación que brinda.
Aproveitarán a viaxe para coñecer a Illa de San Simón.
Saída do centro: 8:30h
Regreso estimado 20:00h
O alumnado de 1ºDAM, animado polo seu profesor, participará no concurso de programación, ProgramaMe, organizado pola Facultad de Informática de la Universidad Complutense de Madrid.
Os participantes deberán resolver entre oito e doce problemas de programación, utilizando as linguaxes C, C++ o Java co obxectivo de traballar habilidades de programación básica, desenvolvemento de algoritmos e estruturas de datos.
SORTE!!
O alumnado de 1ºESIMBE recibirá unha formación sobre as indicacións e protocolos do uso do equipo de radiofrecuencia de Capenergy medical.
RELATORES: José Martínez Pérez e Encarnación Bernabé Pérez
HORARIO: 9:30h- 14:30h
LUGAR: taller 1