Eventos
Lembrando o día 8 de marzo, ao longo deste mes realizaranse diferentes actividades para visualizar o papel da muller na sociedade.
Contamos con Marta Ortíz e Sofía Espiñeira da compañía Charlatana s coop galega que representarán MATRIOSKAS. Pódese consultar información sobre o espectáculo, premendo aquí.
LUGAR: salón de actos
DÍA: 3 DE MARZO
HORARIO: 10:25H- 11:15H
CURSOS: 1ºBAC e 2ºINFOFI E 2º PEIEST
Lémbrase que a realización desta actividade está suxeita á situación imposta pola Covid-19 para esa data.
MOITAS GRAZAS, Marta e Sofía por facernos viaxar a través das historias de Matrioskas.
Para ver máis fotos da actuación, só tedes que premer na imaxe.
VÍDEO REALIZADO POR 1ºESO A COA SÚA PROFESORA MARÍA - IGUALDADE DE XÉNERO
Outras actividades realizadas para conmemorar esta data
ESTA ACTIVIDADE -PREVISTA PARA O DÍA 4 DE MARZO- TERÁ LUGAR O DÍA 11 DESTE MES.
Empregando as palabras dos responsables desta actividade, ESPAZO DE IGUAIS é "unha proposta de diálogo coa que atopar as cousas que temos en común, que nos fan iguais; e entender e aceptar as nosas diferenzas".
Actividade impartida por: Davide Salvado e Daniel Pardo
DÍA 11 DE MARZO
HORARIO E CURSOS:
10:25H- 11:25H 2ºESO A - 2ºESO B
12:30H- 13:30H 2ºESO C - 2ºPMAR- 3ºPMAR
LUGAR: Salón de actos
A actividade realizouse dende o respecto e para o respecto. Grazas aos relatores por facernos reflexionar con tanta sensibilidade sobre un tema tan importante como é o acoso escolar.
Para ver como se desenvolveu o taller, só tedes que premer na imaxe.
Para acceder á información desta actividade, prégase premer AQUÍ.
Natalia, representante da empresa Germaine de Capuccini impartirá un taller para explicar o funcionamento do aparello que combina a vacumterapia e a drenaxe linfática para aplicalo a tratamentos corporais.
DÍA: 22 de marzo
HORARIO: 10:00H - 12:00H
DESTINATARIOS: 1ºESINBE, 2ºESINBE, ESBE
LUGAR: taller de estética, aula 22
Observacións: o profesorado que imparta clase neses grupos seguirá os horarios para manter o protocolo que esixe a Covid-19.
Imaxe do taller realizado.