Eventos
VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM
O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.
SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H)
REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente)
FELIZ VIAXE!
[Ver álbum fotográfico - irase actualizando]

CONCURSO FOTOGRÁFICO: #FOTOCONCLASEIII
Este proxecto cumpre a súa terceira edición. Este ano o alumnado de 4ºESO, dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e organizados en varios grupos, fixeron varias propostas e deseños. Elixiron o cartel e a temática que protagonizaría o concurso deste ano, e promocionárono a través das nosas redes sociais de Cerebritos Encendidos ( Instagram e Facebook).
Como vedes, o reto deste ano foi realizar unha fotografía na que destacase a choiva.
(Pódese seguir o concurso a través de #fotoconclaseIII)
Podedes ver os/os gañadores/as do concurso pinchando aquí.
O dept. Imaxe Persoal segue colaborando coa EASD Ramón Falcón.
Actividade: MAQUILLAXE, PEITEADO E FOTOGRAFÍA
CURSOS: 1º ESBE ( maquillaxe) e 2ºPECOCA ( peiteado)
DÍAS: luns 3 e 17 de febreiro
HORARIO: 18:00h - 21:00h ( saída do centro ás 17:30h)
VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM
O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.
SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H)
REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente)
FELIZ VIAXE!
[Ver álbum fotográfico - irase actualizando]
O alumnado de 3º e 4ºESO do CPI Luís Díaz Moreno -acompañado por representantes do profesorado deste centro- coñecerá a oferta educativa do IES Muralla Romana da man de docentes, que imparten clase nos ciclos de informática, ADMON, imaxe persoal... e percorrerán as diferentes dependencias do centro.
ORGANIZA: departamento de orientación
HORARIO: 09.00h- 10.30h
VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM
O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.
SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H)
REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente)
FELIZ VIAXE!
[Ver álbum fotográfico - irase actualizando]
VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM
O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.
SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H)
REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente)
FELIZ VIAXE!
[Ver álbum fotográfico - irase actualizando]
[CARTEL DO CONCURSO]
Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.
CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO.
TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época.
MODALIDADES:
-comparsas ( por grupos clase)
-individuais
DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado
HORARIO: 12:40h ata 14:20h
LUGAR: salón de actos
OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.
ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.
CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS.
O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)
Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último, parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE.
FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS!
Actuacións fóra de concurso | ||
Dúas voluntarias | Flamenco en vivo |
Comparsa gañadora no fin de festa |
Lembrando a Rosalía de Castro.
O alumnado, profesorado e persoal non docente do centro, lembrará a obra desta poetisa poñéndolles voz a poemas elixidos entre todos e todas.
Achegarán deseños que lembren a esta autora e faranse insignias para repartir entre todos/as os/as asistentes ao acto.
DIRIXIDO: a toda a comunidade educativa
HORARIO: no tempo de lecer ( 11.20h- 11.50h) dos días 27 e 28.
POEMAS E VOCES do primeiro día
- “ Has de cantar” - Belén M
- Contesta Aroa: “ Cantarte hei Galicia”
- “Nasín cando as prantas nasen” - Sara
- “Cantan os galos pra o día” nas voces de: M. Pernas e Iria
- “Quíxente tanto meniña” - Cristina
- “Eu cantar, cantar, cantei” – Lucía
- “Probe Galicia, non debes” – Vanesa
- “Unha vez tiven un cravo” – Joel
POEMAS E VOCES do segundo día
- “ Non che digo nada...” - Candela
- “Turra, turra" - Antía, Gwen e Borja
- “¡Follas novas!, risa dáme" - María
- "¿Que pasa ao redor de min” - Silvia
- ¡Silencio! - Hugo
- "A xusticia pola man" - Lucía
- “Cando penso que te fuches" - Vicente
Recital segundo día - continuación
- Muiñeira (Actuación musical) - Tano, Iria e Emilio
- "Un repoludo gaiteiro" - Tano
- "Adiós ríos; adiós fontes" - Manuel
E tocaron outra
A mellor forma de rematar esta homenaxe a Rosalía,
bailando ao son da gaita e do tambor
Desde aquí queremos facer un especial recoñecemento a todas as persoas que fixeron posible que Rosalía siga estando de plena actualidade. GRAZAS A TODOS E TODAS!!!
VISITA A BIOCULTURA, feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable.
ORGANIZA: departamento de Imaxe Persoal
CURSOS: 1º e 2ºPECOCA; 1º e 2ºESBE e 2ºFPbásica PEIEST
LUGAR: A Coruña
DÍA: 28 de febreiro
HORARIO: saída do centro ás 08.30h. Regreso da Coruña ás 19.00h (aproximadamente)
Deixámosvos cunha pequena mostra da saída.
Curso de coloración capilar.
IMPARTIDO: Casa de cosmética comercial Ave.
Temas:
- Teoría e práctica da coloración
- Tipos de decolaracións
- Diagnósticos en colorimetría
- Imaxe e tendencia
(Pola mañá desenvolverase a parte teórica e pola tarde realizarán prácticas)
DESTINATARIOS/AS: 2ºPECOCA
LUGAR: Hotel Santiago ( Lugo)
HORARIO: 10.00H/ 18.00H
(Saída do centro ás 09.30h. Regreso ás 18.30h)
ORGANIZA: depto de Imaxe Persoal
TEATRO GRECO-ROMANO
Asistencia á representación: Ifixenia en Aulide de Eurípides.
Destinatarios/as: alumnado de latín e grego dos cursos 4ºESO e 1º e 2ºBAC.
LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire
HORARIO: 12.00h (saída do centro ás 11.40h)
Asistencia á representación: Persa de Plauto.
Destinatarios/as: alumnado de latín e grego de 4ºESO e 1º e 2º BAC.
LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire
HORARIO: 17.00H
ORGANIZA: dpto de latín e grego
Visita a INDITEX ( ARTEIXO) A CORUÑA
CURSO: 1º ADFIN (A)
HORARIO: saída do centro ás 08.50h e regreso ás 14.20h
A visita a INDITEX (Arteixo) foi CANCELADA!!!
VISITA A PULL AND BEAR (NARÓN)
CURSOS: 1ºADFIN (B) e 1º ASIDIR
HORARIO: SAÍDA 08.50H REGRESO 19.00H
ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
O alumnado descubrirá a estrutura produtiva coa que traballan e o seu modelo de negocio baseado na flexibilidade para dar rapidamente resposta ao mercado dun xeito integrado.
Imaxes da visita
CONCURSO COCA - COLA: NOVOS TALENTOS
Un ano máis, as representantes do centro deixarán voar a súa imaxinación e escribirán as súas historias cheas de maxia.
Alumnado participante:Lucía e Sara (2ºESOA), Candela e María (2ºESOB)
HORARIO: Comezo da proba ás 11h ( saída do centro ás 10.30h)
LUGAR: Facultade de humanidades. Campus de Lugo
ORGANIZA: dpto lingua galega
CANCELADA
DÍA DA MULLER CON FEMININO PLURAL
Asistiremos a un roteiro musical (en formato concerto acústico voz-piano) polas diferentes mulleres autoras da historia nas voces de Feminino Plural.
CURSOS: 3ºESOA-B, 4ºESO A-B e 1ºBAC
HORARIO: 10,30h - 11.30h
LUGAR: salón de actos
ORGANIZA: departamento de orientación e vicedirección
Chegou o día e Silvia e Carla (ou o que é o mesmo, feminino plural) fixéronnos lembrar o papel da muller na sociedade seguindo as temáticas das súas cancións. Cantamos, participamos, bailamos e rematamos afirmando o que di SÉS nunha das súas cancións: " NON SON FADA NIN PRINCESA A QUEN MIRAR".
SUSPENDIDA
Visita á Sociedade Textil Lonia-STOLONIA-(Ourense) e a frigoríficos ARCOS (O Carballiño)
O alumnado verá todo o proceso produtivo dende a entrada da materia prima ata o produto rematado para pasar a distribuírse en tendas de todo o mundo.
CURSOS: ciclo medio XEAD (A) e ciclo superior ASIDIR.
HORARIO: saída do centro 09.15H Regreso ás 19.00h
ORGANIZA: dpto administración e xestión
VIAXE A FUENTE DÉ (CANTABRIA) (SUSPENDIDA)
O alumnado aprenderá a esquiar e mergullarase nas fermosas paisaxes desta localidade.
CURSOS: 3ºESO A- B; 4ºESO A-B e 1ºBAC
DÍAS: 16,17 e 18
HORARIO de saída ( aínda por concretar)
ORGANIZA:departamento de Educación Física.
Por causas de forza maior suspéndese esta saída. Máis información no seguinte enlace.