Eventos
LETRAS GALEGAS
Con motivo das Letras Galegas, un grupo de alumnos e alumnas da ESO recitaron en “Verso a Verso”, programa da radio online Openradio, o conto versado “Can branco, can negro” do libro Eu conto, ti cantas de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano.
Para o desenvolvemento da actividade contouse coa presenza no centro de Magadán, a coordinadora do programa, quen se encargou de introducir o alumnado na recitación, podendo así inserirse a través das súas voces na obra da autora.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiros | ||
Día: 21 de maio |
A distribución horaria sera a seguinte:
- 16:20-17:10: 1º ESO A e B
- 17:10-18:00: 2º ESO A, B, PMAR
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AS INSTALACIÓNS D'COS | ||
Días: 22 de maio |
Os alumnos realizarán unha visita o Centro Integral de Estética e Peluquería Ecolóxica (Lugo).
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla impartida polo COF da plaza de Ferrol | ||
Día: 24 de maio |
Charla impartida polo persoal do COF da Praza do Ferrol sobre educación secual, anticoncepción e protocolos a seguir para os alumnos/as.
Graduación 2º BAC
O 24 de maio terá lugar as 19:30h no Salón de Actos do IES Muralla Romana o acto de graduación dos alumnos/as de 2º de BAC. Están convidados profesores de 2º de BAC e familiares dos alumnos/as.
Posteriormente ofreceranse uns petiscos e bebidas na cafetería do centro.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe a Celanova (Ourense) | |
Día: 28 de maio |
Despois da visita podes entrar no noso album de flick para ver máis fotos.
Os alumnos/as de 3º de ESO, xunto coa súa profesora de galego, recollen un diploma de agradecemento outorgado pola Fundación Curros Enríquez xa que o noso centro leva visitando Celanova xa 5 cursos, realizando actividades relacionadas con escritores galegos coma Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A BAIONA E VIGO | ||
Días: 14 de xuño Hora: 8:50-20:30 |
Os alumnos e alumnas de 1º PEIEST, 1º PECOCA e 1º ESBE visitarán as instalacións do Talaso Atlántico en Baiona. Mentres tanto, os alumnos e alumnas de 2º ESO realizarán un percorrido a pé polos lugares de especial interese da vila de Baiona.
Despois de xantar, todos xuntos irán a visitar a exposición sobre Xulio Verne no museo MARCO, en Vigo.