Eventos
Xov | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 11/02/2016 10:30
Ás 10:30 h sairase en autobús desde o centro, irán acompañados polo orientador do instituto e outro profesor. PROGRAMA DA ACTIVIDADE: 10:50 - 11:00 Chegada do alumnado dos diferentes Centros de Ensino Secundario ao Auditorio da Facultade de Veterinaria. 11:00 - 11:10 Benvida ao Campus de Lugo por parte do Vicerreitor de Coordinación do Campus, D. Javier Bueno Lema. 11:10 - 11:30 Presentación do Campus lucense da Universidade de Santiago de Compostela por parte do Coordinador do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” no Campus de Lugo, D. Fco. Javier López. 11:30 -11:50 Alumnado universitario do Campus lucense compartirá cos asistentes a súa experiencia neste Campus en particular e na cidade de Lugo en xeral, e estarán abertos ás preguntas que se lles queiran facer. 11:50 - 12:00 Traslado dos participantes por itinerarios aos diferentes Centros do Campus e á Biblioteca Intercentros, segundo se detalla a continuación, acompañados por alumnado do Campus (os que elixiran o itinerario da Facultade de Formación do Profesorado, disporán dun autobús para o seu traslado). Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Veterinaria Facultade de Formación do Profesorado Facultade de Humanidades Escola Universitaria de Enfermaría 12:00 - 13:20 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso. 13:20 - 13:30 Traslado á Biblioteca Intercentros, acompañados por alumnado do Campus. 13:30 - 14:00 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. 14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada. Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Administración e Dirección de Empresas Facultade de Ciencias Escola Politécnica Superior Escola Universitaria de Relacións Laborais 12:00 - 12:30 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. 12:30 - 12:40 Traslado aos Centros correspondentes aos diferentes itinerarios, acompañados por alumnado do Campus. 12:40 - 14:00 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso. 14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada. Cuestións a ter en conta: - O profesorado dos centros de secundaria participantes que acompañe ao alumnado poderá sumarse ao itinerario que desexe, ou esperar ao remate da xornada (a partir das 14:00 horas, na explanada diante da Facultade de Veterinaria) para facerse cargo dese alumnado. - Nas diferentes Facultades e Escolas do Campus, correspondentes aos 8 itinerarios previstos, haberá profesorado deses Centros para recibir ao alumnado e acompañalo na visita e nas actividades programadas. - Na Biblioteca Intercentros, o alumnado de cada quenda se dividirá en pequenos grupos e realizará unha visita guiada acompañado por persoal deste servizo. - O alumnado de secundaria de cada itinerario irá sempre acompañado nos seus desprazamentos polo Campus por alumnado universitario, que o guiará ao lugar que corresponda en cada momento. - O Auditorio no que terá lugar a recepción dos participantes está situado na Facultade de Veterinaria, na avenida Carballo Calero do Campus lucense. |