Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE LUGO | ||
Día: 11 de febreiro |
Ás 10:30 h sairase en autobús desde o centro, irán acompañados polo orientador do instituto e outro profesor.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
10:50 - 11:00 Chegada do alumnado dos diferentes Centros de Ensino Secundario ao Auditorio da Facultade de Veterinaria.
11:00 - 11:10 Benvida ao Campus de Lugo por parte do Vicerreitor de Coordinación do Campus, D. Javier Bueno Lema.
11:10 - 11:30 Presentación do Campus lucense da Universidade de Santiago de Compostela por parte do Coordinador do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” no Campus de Lugo, D. Fco. Javier López.
11:30 -11:50 Alumnado universitario do Campus lucense compartirá cos asistentes a súa experiencia neste Campus en particular e na cidade de Lugo en xeral, e estarán abertos ás preguntas que se lles queiran facer.
11:50 - 12:00 Traslado dos participantes por itinerarios aos diferentes Centros do Campus e á Biblioteca Intercentros, segundo se detalla a continuación, acompañados por alumnado do Campus (os que elixiran o itinerario da Facultade de Formación do Profesorado, disporán dun autobús para o seu traslado).
Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Veterinaria Facultade de Formación do Profesorado Facultade de Humanidades Escola Universitaria de Enfermaría
12:00 - 13:20 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso.
13:20 - 13:30 Traslado á Biblioteca Intercentros, acompañados por alumnado do Campus.
13:30 - 14:00 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada.
Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Administración e Dirección de Empresas Facultade de Ciencias Escola Politécnica Superior Escola Universitaria de Relacións Laborais
12:00 - 12:30 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
12:30 - 12:40 Traslado aos Centros correspondentes aos diferentes itinerarios, acompañados por alumnado do Campus.
12:40 - 14:00 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso.
14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada.
Cuestións a ter en conta:
- O profesorado dos centros de secundaria participantes que acompañe ao alumnado poderá sumarse ao itinerario que desexe, ou esperar ao remate da xornada (a partir das 14:00 horas, na explanada diante da Facultade de Veterinaria) para facerse cargo dese alumnado.
- Nas diferentes Facultades e Escolas do Campus, correspondentes aos 8 itinerarios previstos, haberá profesorado deses Centros para recibir ao alumnado e acompañalo na visita e nas actividades programadas.
- Na Biblioteca Intercentros, o alumnado de cada quenda se dividirá en pequenos grupos e realizará unha visita guiada acompañado por persoal deste servizo.
- O alumnado de secundaria de cada itinerario irá sempre acompañado nos seus desprazamentos polo Campus por alumnado universitario, que o guiará ao lugar que corresponda en cada momento.
- O Auditorio no que terá lugar a recepción dos participantes está situado na Facultade de Veterinaria, na avenida Carballo Calero do Campus lucense.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PROGRAMA ATRÉVETE | ||
Día: 12 de febreiro |
Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
Que farán?
09:40 h Saída desde o instituto
10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo.
10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora.
11:00 h Visita á empresa Cafés Candelas
Ao remate da visita, regreso ao instituto.
Lugares de celebración
Fundación CEL – Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar S/N - Lugo
Cafés Candelas S.L., Rúa dos Transportes, 7, 27003 Lugo
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - É xusto o noso sistema fiscal? | ||
Día: 12 de febreiro |
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio López Díaz (Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Profesor na Facultade de Dereito da USC).
Resumo: Pretende facer unha breve presentación sobre a estrutura do noso sistema fiscal, para logo analizar, comparándonos con países da nosa contorna, tanto a presión fiscal, como o reparto da carga fiscal en función da renda e a relación que existe entre tributación e redistribución da renda e igualdade.
Dirixida a alumnado do Departamento de Administración e Xestión.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: MENTALÍZATE | ||
Día: 15 de febreiro Día: 19 de febreiro Lugar: Salón de Actos Organiza: Dpto. Orientación |
MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización dirixida aos adolescentes, para a promoción da saúde mental. Organizada por FEAFES Galicia, promove hábitos e estilos de vida saudables, como prevención da enfermidade mental; centrado no risco que supón o consumo de alcohol e cannabis.
A campaña MENTALÍZATE busca dar a coñecer información das enfermidades mentais, traballando posibles estigmas asociados ás mesmas.