Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
23
| 24
| 25
| 26
| 27
Start: 27/11/2015 11:50
Descrición da actividade:A cargo de Dª. Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero; falou dende a súa propia experiencia como muller que fora maltratada e como hoxe en día axuda a outras mulleres, porque hai saída.Dende que iniciaron a súa andaina coa asociación, constatan con gran inquietude como día a día se vai producindo un arrepiante repunte da violencia de xénero entre a xuventude e como se tende normalizar condutas claramente agresivas e controladoras. Polo que é preciso traballar cos rapaces e rapazas e facerlles chegar a mensaxe do que é unha relación saudable, e, moi importante, como detectar os indicios de que unha relación está a piques de converterse en violenta, ou de feito se xa o está sendo. A charla contou coa participación de D. Laureano García, inspector xefe do S.A.D. (Servizo de Atención ás Familias), da Comisaría de Lugo - Policía Nacional, quen informou do que se pode ou debe facer para denunciar, aclarando como é o proceso da denuncia,... Despois de ambas intervencións abriuse un turno de preguntas no que se apreciou que a charla non deixou a ninguén indiferente, unhas testemuñas contadas polos ponentes que son para reflexionar. Quedámonos cunha mensaxe de Marta, non só o día 25 de novembro temos que preocuparnos por este tema, hai outros 364 días... É un problema de todos e todas, que temos que erradicar. Ligazón a fotografías Para saber máis da asociación Si, hai saida (Facebook)
| 28
| 29
|