Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ASISTENCIA ÁS XORNADAS SOBRE SEGURIDADE INFORMÁTICA 2015 | ||
Día: 20 de novembro Hora: 08:00 ás 18:00 Lugar: PALEXCO - A Coruña Para: ADSIINRE, SIMIRE Encargado: Dpto. Informática |
O alumnado de informática que cursa algún módulo relacionado directamente coa seguridade informática está previsto que asista a algunhas das charlas organizadas por GSIC (http://gsickminds.net/), no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña. Polo tanto correspóndelle ao alumnado de “Seguridade e alta dispoñibilidade” do ciclo ADSIINRE tanto no réxime de ordinario como no de adultos e o de “Seguridade Informática” do ciclo SIMIRE ordinario.
Pola tarde visitarán o museo Domus, é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "SI, HAI SAÍDA" | |
Día: 27 de novembro |
Descrición da actividade:
A cargo de Dª. Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero; falou dende a súa propia experiencia como muller que fora maltratada e como hoxe en día axuda a outras mulleres, porque hai saída.Ligazón a fotografías
Para saber máis da asociación Si, hai saida (Facebook)
Descrición da actividade:
Visita guiada para centros educativos á exposición itinerante "O Bosque. Moito máis que madeira", situada na Praza Maior e organizada pola Obra Social "a Caixa" en colaboración co Concello de Lugo.Esta exposición do programa de Medio Ambiente e Ciencia da Obra Social "a Caixa" presenta os bosques como os ecosistemas terrestres con máis biodiversidade do mundo. O obxectivo principal desta mostra é insistir especialmente na gran importancia dos bosques a todos os niveis, e na necesidade de xestionalos dunha forma sustentable.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO ARQUIVO PROVINCIAL. | |||
Día: | 03 de decembro |
As funcións básicas do ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO son recoller, custodiar e servir a documentación en beneficio das Administracións, os investigadores e os cidadáns en xeral.
Actualmente custodia milleiros de documentos, procedentes de tódolos ámbitos e sectores da provincia: Da Administración Periférica do Estado, os do Goberno Civil, os das delegacións provinciais de Agricultura, Cultura, Educación, Estatística, Industria, Facenda, Información e Turismo, Sanidade, Transportes e Comunicacións, do Poder Xudicial, de Administracións Institucionais e tamén de procedencia privada.
Conserva ademais os protocolos centenarios da provincia, e os fondos procedentes das institucións rexistrais, como as Contadurías de Hipotecas e os Rexistros da Propiedade, así como, en depósito, o fondo do Concello de Lugo.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO ARQUIVO PROVINCIAL. | |||
Día: | 11 de decembro |